A quimera de Dorothy Parker

dobermanX. Ricardo Losada. Desde que escribín en Café Barbantia un artigo sobre as quimeras biolóxicas, soñei varias veces con elas. Porcas con ollos de Sofía Loren, Sofía Loren coas pernas dunha porca, ratos co pene de Brad Pitt, Brad Pitt co pene dun cabalo, Einstein co bigote dun rato, un rato co cerebro de Einstein. O outro día presentóuseme un xenio con lámpada e concedeume tres órganos dos animais que quixese, sempre que escollese os primeiros que me pasasen pola cabeza. A boca dun doberman, as ás dunha aguia e as patas dun guepardo, dixen, e quedei, en termos de estética onírica, moi favorecido. O problema foi cando o xenio me dixo que, en correspondencia, tiña que escoller tres partes do meu corpo para doarlle a tres animais distintos. A boca, a un doberman, dixen, as mans, a unha aguia e as pernas a un guepardo. E alí apareceron de inmediato, tamén bastante oniricamente favorecidas, tres novas quimeras, que a min me gustou considerar oniricamente autobiográficas.

O soño foi bastante agradable, como se de un xogo infantil se tratase, pero, en canto espertei, deume moito que pensar. Non cría que fose casual nin a elección das partes nin o tipo de animal. Estaba seguro, por exemplo, que escollera as patas do guepardo porque sempre quixen ser campión olímpico de 100 metros. Non tiña tan claro por que escollera as ás dunha aguia, aínda que supuxen que sería por ter estudado filosofía xa que á filosofía gústalle voar alto para poder ver as relacións entre todas as cousas. O que non souben dicirme é por que escollera a boca dun doberman. guepardoConsidérome un tipo pacífico e, se algunha vez mordo, saco axiña os dentes. Pero tampouco lle dei moita importancia. Como nos bos poemas, nos bos soños ten que haber unha zona en sombra.

Pero o máis substancial foi cando analicei a segunda parte do soño. Imaxinar un doberman dando clase de Filosofía coa miña boca, unha aguia escribindo un artigo paródico coas miñas mans e un guepardo tirando un penalti coas miñas pernas, foi tan hilarante, que cheguei a pensar que un mundo habitado por quimeras biolóxicas sería un mundo mellor. Ata que, de seguido, asociei ese soño cunha anécdota da inefable Dorothy Parker. O encargado dun hotel repróchalle que a súa cadela mexase en recepción, e ela dille: “Non, non foi a cadela, fun eu”. No mundo actual é unha resposta simpática, mesmo xenial, por ser evidentemente falsa. Porén, decateime con horror, no mundo das quimeras podería ser verdadeira só con que a cadela fose deseñada nun laboratorio co meato urinario de Dorothy Parker. Entón cambiei de opinión. Un mundo no que as múltiples e hilarantes anécdotas de Dorothy Parker fosen de sentido común sería, sen dúbida, un mundo peor.

3 comentarios en “A quimera de Dorothy Parker

  1. 1- Ojalá pudieses llamarme alumna pero, con causa justificada : que en realidad me enseñases parte de tus conocimientos.
    2- Lo de los quistes hepáticos por inteligencia, te aseguro que sería un buen cambalache y seguro que dormiría mejor gozando de un gran raciocinio que por la incomodidad que provocan estos “okupas” orgánicos.
    3- Ya ves que la gente de nuestra era andaba sobrada de todo, incluso de quimeras biológicas , lo malo es que antes no nos dejaban manifestar nuestros sueños y a veces la prensa solo podía hablar de los sueños de don Pedro Calderón de la Barca.
    Sigo disfrutando enormemente de tus artículos. Buenas noches, que descanses plácidamente y que sueñes en positivo querido profesor.

  2. 1- Tiña unha amiga que sempre me chamaba profesor. Un día decidín chamarlle a ela alumna e, de seguido, deixou de chamarme profesor. Terei que facer o mesmo contigo?
    2- Moi ben pensado o troco de quistes hepáticos por cerebro. De todos xeitos, recorda que canto máis intelixente, peor dormes.
    3- Encantoume, como sempre, a anécdota, pero o que máis graza me fixo foi que o individuo en cuestión tivese “la giba de un camello”. Mira ti, xa había quimeras biolóxicas nas festas de Moldes hai moitos anos. E a prensa anunciándoo hoxe como unha invención de vangarda!!!!
    Sigo disfrutando moito cos teus comentarios.
    Apertas rianxeiras

  3. Querido profesor: Después de la faena culinaria, mientras esperaba por los comensales, me acerqué al ordenador para conocer la novedad del día en Café Barbantia y me encontré con tus quimeras oníricas . Pues mira, también Zeus convirtió a Io en una vaca para librarla de la ira de su esposa Hera, y en otra ocasión para gozar de la doncella Europa adoptó la figura de un toro y no digamos cuando de forma espectacular amó a Dánae convertido en una finísima lluvia de oro.
    Después de todos estos mitos olímpicos me quedo mejor con tus sueños, y puestos a pedir me quedaría con el cerebro de Einstein y yo a cambio le daría mis quistes hepáticos. Yo sueño muchas veces que vuelo y es fantástico saber que nadie me alcanza pero… luego me pasa como a Ícaro , que vuelo demasiado alto.
    Aunque sea en sueños no quieras compartir tu anatomía con el reino animal, estás muy bien así.
    La anécdota de Dorothy Parker me hizo recordar algo que vi hace muchos años: Era la fiesta de Moldes ( primer domingo de mayo ) y estaba una pareja bailando. Eran los dos muy peculiares, ella era como Marcelino ( A ferida do vento ) por el exceso de cupo en la boca , y él, el exceso lo tenía en la espalda, la giba de un camello se le quedaba minúscula al individuo. Un señor que los conocía por su nombre, viendo que en las piernas de la susodicha había un brillo refulgente, le dijo gritando : – ” MARUJA, COMO SUDAS ” A lo que ella contestó : ” NON SUDO QUE MEXO “.
    Buenas tardes querido profesor. Dulces sueños. saludos palmeiráns

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *