Inocencia e segredos do silencio

misticismoFidel Vidal. Se algo define ao místico é a denominada experiencia extrema da unión. Esta unión pertence ao mundo interior. O místico non quere coñecer, o místico quere ser, en tanto que incompleto, é dicir, como non-ser (María Zambrano, Claros del bosque). A alma de quen se fai místico non pode proseguir na natureza nin tampouco no coñecemento, nin sequera -de aquí esta profunda contradición na figura de frei Juan de la Cruz- na poesía. Necesita saír do pozo da súa soidade “aínda que lle custe o non ser cando xa teña saído.”

O misticismo explora nas profundidades e especula co abismo, co misterio, entusiásmase coas fonduras. Contra o que se adoita supor -explica Ortega y Gasset- a filosofía é “un xigantesco afán de superficialidade, quero dicir de traer á superficie e tornar patente, claro, verdades de pé de banco, se é posible, o que estaba subterráneo, misterioso e latente”. En Grecia, a filosofía comezou por se chamar alétheia, con raíces significativas en verbas como “descubrir”, “revelar”, ou “desvelar”, en suma, manifestar. Manifestar non é senón falar, logos. “Se o mesmo misticismo é calar, filosofar é dicir, descubrir un gran espido, transparencia da palabra, o ser das cousas, dicir o ser: ‘ontoloxía’. Fronte ao misticismo, a filosofía quere ser o segredo a voces”.

A filosofía pretende “desvestir” (ou descalzar) a cousa. Unha forma de ensinar as vergonzas, as intimidades, de desvelar incógnitas para se achegar ao ser das cousas e, segundo Ortega, converterse nunha ontoloxía. Mais a través da transparencia da palabra, no suposto de que a palabra sexa transparente. A palabra, o verbo, se algo garda -de aí a súa riqueza-, son segredos. Así o silencio.

mistico2A inocencia, como a poesía e o neno, vén espida. A perversión aparece cando se tapa esa parte do corpo sen razóns para a tapar. O pudor non ten nada que ver co corpo, só coas normas instauradas polos adultos con poder para o faceren. Desde esta perspectivao filósofo pretende volver á inocencia primeira da palabra, ao esclarecemento do ser como tal, alén da anatomía e da física, un saber metafísico. Do que se trata é de ir destapando aquilo que se vestiu, para o descubrir máis adiante nunha conduta perversa, unha voyeur disfrazada de amante do coñecemento. Se non hai misterio non hai asunto que aclarar. De feito é precisamente o recato, o enigma, o que nos move a coñecer.

Ortega y Gasset admite que o uso desinteresado do intelecto, a “pura intelixencia” tamén oferta unha parte práctica, válida para a “vida auténtica”, que é a “soledad sonora” da vida. Unha “reforma radical da intelixencia”. Non estaremos a falar dunha “intelixencia amorosa”? O maior beneficio da Mística española consiste en anunciar precisamente o seu retorno ao mundo.

Un comentario en “Inocencia e segredos do silencio

  1. Hola Fidel:
    Al leerte esto de la experiencia extrema de la unión referente al místico, recordé algo que leí hace años. Me gustó tanto que lo anoté en una de mis libretas – las cuales de vez en cuando aún repaso -. Decía sobre el Misticismo : ” El místico tiene la sensación de perderse a sí mismo, de desaparecer en Dios, de la misma manera que una gota de agua se pierde en sí misma cuando se mezcla con el mar”. Se pierde a sí mismo en la forma que tiene en ese momento, pero, para convertirse en algo más grande. Esa gota de agua pasa a ser el mar en el momento de la fusión, y el místico en esa vinculación con Dios es parte de ese Ser.
    Sobre la desnudez también es verdad, una mama es exactamente igual que un dedo. Es una parte del cuerpo, un merónimo. Un dedo es parte de una mano y una mama es una parte del tronco, es la parte de un todo. ¿ Qué porqué cubrimos una y no la otra?
    ¿ Cuando nació el pudor ? ¿ Desde nuestros primeros padres? Darwin nos dice que no.
    Seguramente sería para diferenciarnos de nuestros congéneres los irracionales, y también como no, por la higiene. A mí no me haría ninguna gracia tener sentado en una de mis sillas a un nudista. Por lo demás, que vayan con el traje de Adán y sin la hoja de parra haciendo el pino, si les viniere en gana, sin el menor prejuicio, pero estos, todavía abundan. Como decía ” nuestro” Albert enseñándonos la lengua ” Triste época la nuestra, es más fácil desintegrar un átomo que un prejuicio”.
    Unha aperta sin prexuizo desde Palmeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *