Escándalo

carteles-carnaval-coruna-2017-2_gAntón Riveiro Coello. O escándalo vai barato para a xente que se leva mal coa ironía e a diversión. Vendo a polémica do cartel de entroido que obriga o concelleiro de Culturas da Coruña a declarar diante dun xulgado, non deixo de cavilar en cantos en Xinzo estarían presos por ofender toda clase de sentimentos, non só relixiosos, por mor dunha festa que existe precisamente para iso, para ser irreverente. A denuncia da Asociación de Viúvas de Lugo é tan ridícula que non tería maior importancia se o xulgado de Instrución nº 3 da Coruña non abrise as pescudas, ameazando así un ben tan prezado como a liberdade de expresión. O asunto non ten demasiado percorrido xudicial, pero talvez anime a outros inquisidores a se escandalizaren por calquera parvada coma esta.

Isto lévame a un daqueles fabulosos venres de teatro en Culleredo, cando un cartel con bonecos e animais xigantes nos fixo crer a todos que era unha obra apta para todos os públicos. E non. A sorpresa foi que, unha vez dentro, axiña nos decatamos de que tiña certa carga pornográfica, malia os protagonistas seren bonecos articulados. Como era de supor, o auditorio baleirouse no primeiro acto e os pais fuxiron cos fillos tapándolles os ollos e así evitarlles esas escenas tan explícitas. Nós, pola contra, ficamos. Cada pouco mirabamos de esguello para as nosas fillas e esculcabamos a súa reacción. Como nos intres de maior tensión sexual elas rían con aqueles personaxes desinhibidos e histriónicos, non abandonamos as cadeiras. A obra era boa. Só nos preocupaba atopar as respostas para todas as preguntas que, con certeza, ían xurdir no remate de semellante espectáculo. O curioso foi que só tiñan unha, iso si, unánime: por que marchara a xente do teatro?

Un comentario en “Escándalo

  1. Apreciado Antón:
    A mí, en particular, ese cartel me parece muy divertido y estoy segura que el mismo papa Francisco se reiría al verse así trazado con la nariz roja a causa del alcohol. Yo soy creyente y eso no me afecta en absoluto pero, puede que a muchos católicos esa copa tan ambigua que Francisco lleva en la mano como causa de su embriaguez, le parezca irreverente. No crees que a veces las cosas más que por diversión, se hacen para alborotar al sector contrario? Crees que merece la pena?
    Y referente al teatro de Culleredo creo que hiciste muy bien, yo, haría exactamente lo mismo que tu. Los tabúes pertenecen a tiempos pretéritos.
    Salud, Antón y un placer leerte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *