Nacido en Siria, de Hernán ZIn

nacidoensiriaXerardo AgraFoxo. Este é un excelente documental (Nominado aos Premios Goya) que ten como pano de fondo os arrepiantes estragos que está producir a guerra en Siria. Despois de máis de trescentos mil mortos e máis de catro millóns de refuxiados, despois de seis anos de dura contenda fratricida, só ocupa un lugar destacado nos nosos medios de comunicación cando se produce algún acontecemento moi determinante, como o último bombardeo que fixeron os esbirros de Bachar al-Ásaad contra a poboación civil indefensa. Un feito que sempre arrepía os dirixentes políticos occidentais.

Nacido en Siria (2016) conta o periplo de varias familias a través das fronteiras de Asia e Europa para fuxir da guerra: “os abusos das mafias, as inclemencias do mar, a incerteza sobre un futuro ao que a gran maioría se enfronta apenas co posto, e descubriremos que chegar ao seu destino é só o comezo dunha nova odisea, a da integración nunha terra nova e, en moitos casos, hostil”. nacidoA través duns planos que se achegan como testemuñas silenciosas ao drama que viven estes fuxidos, coñecemos o valor dunhas persoas –anciáns, mulleres e nenos– que protagonizan o maior éxodo que se coñece dende a Segunda Guerra Mundial.

Cando se escriben estas liñas, o novo inquilino da Casa Branca acaba de intervir na guerra co bombardeo dunha base aérea siria. Tampouco el quere que se mate xente con gases de fabricación caseira. Que maten coas nosas armas! Temos dabondo e son máis eficaces!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *