Mulleres e Libros, de Stefan Bollmann

mulleresInés Otero. Este libro, subtitulado Unha paixón con consecuencias, está escrito por este autor alemán (Düsseldorf, 1958), especialista na obra de Thomas Mann, moi recoñecido por dous best sellers: As mulleres que len son perigosas (2005) e As mulleres que escriben tamén son perigosas (2007), uns libros que se traduciron a vinte idiomas e levan vendidos máis de medio millón de exemplares. Esta obra está dividida en catro partes. Na primeira, titulada COMEZA A FEBRE DA LECTURA, analiza o mundo dos libros no século XVIII, a partir de tres acontecementos: o efecto Werther, a figura de Caroline Schegel-Shelling e a revolución que supuxo para o mundo das letras Mary Wollstonecraft. Na segunda parte, O PODER DA LECTURA, estúdase o século XIX a partir, entre outras, das obras tecidas nesta época por Jane Austen, Flaubert  ou o fato de escritores reunidos nas marxes do Lago Lemán, onde pariron aquel monstro chamado Frankenstein. Na terceira parte, baixo o título de MULLERES E LIBROS, aparece o grupo de Bloomsbury, James Joyce, Marilyn Monroe (a bomba sexual lectora) e Susan Sontang. mulleres2O libro remata cun capítulo, PRESENTE, onde se analiza as repercusións que tivo no mundo da literatura a transgresora Cincuenta sombras de Grey.

Mulleres e Libros (2015) reúne trescentas anos de literatura. Unha época onde a febre da lectura acadou as mulleres (como atrapou a Madame Bovary –a quen o adulterio non lle impediu deixar de lere a Anna Karenina –que libro lería antes de suicidarse?) mentres os homes se burlan sen barruntar o desastre que se lle vén enriba”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *