Pipper’s, un prodixio de psicodelia

beatrle1Gonzalo Trasbach. Un 26 de maio de 1967 pechouse a gravación de “Sgt. Pipper’s Lonely Hearts Club Band”, o talvez máis aclamado disco de The Beatles, que non se publicou ata o 1 de xuño. En 1974, a revista musical NME elixiuno coma o mellor álbum da historia da música popular contemporánea. O mesmo título que no 2003 lle outorgou Rolling Stone. Aínda arestora, 50 anos despois, numerosos críticos musicais o cualifican cun dez sobre dez. No seu momento, foi número un 27 semanas nas listas de vendas en UK, e 15 en USA. E lévanse vendidos máis de 30 millóns de copias dun disco que, ademais, conta cun formidable e inigualábel peche: A Day In The Life, unha das mellores cancións da música pop de todos os tempos: …Woke up, fell out of bed, dragged a comb across my head. Found my way downstairs and drank a cup and, looking up, I noticed I was late…A gravación do álbum comezou o 19 de xaneiro e polo estudio de Abbey Road pasaron, entre outros, Mick Jagger, Marianne Faithfull, Keith Richards, Donovan e Michael Nesmith.

Aínda agora 50 anos despois da irrupción no mercado deste prodixio da psicodelia, case ninguén está cansado dos Beatles. Poida que algúns si. Entre eles, un bo lote de críticos musicais. Neste senso, lembro que hai pouco tempo lin nun xornal galego unha referencia sen ton nin son (feita ao chou. Si, porque me peta). Con motivo do 50 aniversario do “The Velvet&Nico” (do que tamén xa falamos aquí), o articulista aseguraba que o traballo de Lou Reed e compañía era tan magnífico e grandioso que o “Sgt. Pipper’s” ao seu lado non era máis que un xogo de nenos. Queeee…? Manda carallo na Habana!

beatle2Mais, por outra parte, hai que subliñar que a Banda dos corazóns solitarios non é unha xoia só concibida por Lennon como din os que non tragan a Paul, nin ao revés. O selo dos dous está presente tanto na liña de creación coma na estética e na conceptual. Os interesados poden recorrer á “The Beatles Antology” (Cassel PCL 2000), onde atoparán unhas magníficas explicacións por parte de George Martin. Saben quen é, non? O mellor exemplo de que, sen un ou sen o outro o disco non sería o mesmo, está na canción de peche, onde a colaboración é completa entre os dous mellores compositores dun grupo inesquecíbel.

Logo de editar “Ruber Soul” e “Revolver”, ambos os dous máis enfocados cara á experimentación e á busca de novos sons, os Beatles entran de cheo na escena psicodélica británica co Sgt. Pipper’s, e pecharán este ciclo no mes de decembro dese mesmo ano coa posta nas tendas desa magnífica explosión de cores e escacharrantes pasaxes musicais que se titula “Magical Mystery Tour”, un traballo que serve de guía musical para un filme surrealista co mesmo nome. A cinta sonora da película está composta co material desbotado de cando se configurou o Sgt. Pipper’s.

beatle3A concepción do club dos corazóns solitarios foi bastante complexa. Para empezar, os creadores tiñan que escalar un andazo máis na escaleira da excelencia. O seu precedente, “Revolver”, deixara o nivel moi arriba. Mais atoparon unha motivación en California. Coñeceron o “Pet Sounds” dos Beach Boys e resultoulles moi estimulante e motivador. De feito, a pegada da Brian Wilson resoa no fondo luminoso do cativador repertorio do álbum. Isto pono de manifesto na mesma pel das cancións o emprego dos novos instrumentos. A meirande parte deles son máis propios das composicións clásicas cá das do pop, polo menos ata ese instante. Lembremos, pois, que aquí soan violíns, violas, celos, trompetas, arpas…

Ademais, non esquezamos que polos estudios de Abbey Road pasaron uns 60 músicos que traballaron arreo durante cinco meses, para darlles forma a un disco que arranca coas feridas e afiadas guitarras que converten nun fogonazo sonoro a canción que lle dá o título. Vén logo With A Little Help From My Friends, unha peza concibida para que Ringo tivese tamén o seu momento de gloria. A continuación toma o mando Lennon con Lucy In The Sky With Diamonds, unha mestura de pop e psicodelia inspirada, segundo contan, na Alicia de Carroll.

beatrle4Pero o punto máis alto do repertorio está no remate dun álbum que levou ao cumio coma produtor a George Martin: A Day In The Life. Esta xoia deseñada por Paul e John conxuntamente xurdiu da unión de dúas cancións distintas, cuxa separación na gravación está sinalada cando soa o espertador. O seu final é coma unha traca entolecida de tornados que se vai acercado a toda pastilla ata que estoupa ou tamén coma se a orquestra tolease e estalase unha anarquizante batalla dos instrumentos… e logo chega un breve silencio, despois, unha ducia de mans caen de golpe sobre un piano que soa coma un berro expansivo até que agoniza lentamente, coma as ondas que xera unha pedra cando a tiran nun estanque. Deléitense.

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Gonzalo Trasbach, Música. Garda a ligazón permanente.

3 respostas a Pipper’s, un prodixio de psicodelia

  1. Magdalena di:

    Hola, querido Gonzalo: Acabo de leerle por teléfono a mi hija tu respuesta y te manda muchos saludos. Ojalá que un día lleguéis a conoceros porque disfrutaríais los dos hablando de lo que tanto os gusta. El otro día estuve en su piso y una de las paredes del salón ( desde el techo hasta casi el suelo ) está completamente repleta de discos. Te mandaré una foto para que la veas.
    Un besazo, Gonzalo.

  2. gonzalo trasbach paz di:

    Bos días Magdalena. En primeiro lugar, gracias polas túas palabras. Segundo, talvez me expresei mal, pois a miña intención non era comparar o disco da Velvet co Sargento Pimenta, senón decirlle ao xornalista, que foi compañeiro meu nalgún tempo, que hai que andar cun pouco máis de coidado antes de facer tales afirmacións. Terceiro, a túa filla ten razón. O disco de Brian Wilson e o seus Beach Boys era un dos preferidos de Paul. E dende logo foi unha fonte de inspiración para el. Agora ben, cal é mellor? Non o sei. A min gustábanme e gustanme os dous. Cando era mozo, estilabase moito, caendo na trampa que tendían os medios, enfrentar grupos e discos: Beatles contra Rolling, por exemplo. Nunca se levaron mal. Mesmo se axudaron moito máis do que se di. Coido que é un erro e unha pérda de enerxía meterse nese tipo de dicotomías, pois non serven para aclarar as cousas. En fin, agardo ter respondido a túa pregunta. Apertas.

  3. Magdalena di:

    Buenos días, querido Gonzalo:
    Ayer fue día de reunión familiar, como cada quincena, por tanto, una mañana ocupada para mí. No obstante, nada me impidió leer tu artículo.
    Después de la sobremesa, mi hija, experta en música, también te leyó y me comentó que te preguntase algo. Antes de hacerlo, te diré que me dijo que estaba totalmente de acuerdo contigo en que el Sgt. Pippers es mucho mejor que el de Velvet. y yo opino en que si los dos coincidís en eso, es que debe de ser así, ya que mi desconocimiento en estas lides ( y en casi todas ) es considerable.
    La pregunta es … ¿ Pero, qué opinas si lo comparas con el ” Pet Sounds ” de los Beach Boys ? Porque tengo entendido ( dice mi hija ) que Mc Carthey era muy fan de ese disco.
    Un abrazo, Gonzalo, y otro de Toña, me dijo que eras un crack.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>