Coller cereixas

cerdeiraX. Ricardo Losada. Onte tiven unha tarde feliz. Fun ao paseo marítimo, e atopei as que considero condicións ideais para ler. Vinte e dous graos, marea alta (óese o mar), lixeira brisa, patos acompañando as habituais gaivotas, e a sombra da árbore do meu banco preferido cubríndome tronco e cabeza pero permitindo que o sol me dea nas pernas para que poida ler descalzo. Para máis ía comezar un libro, La melancolía de las obras tardías, dun autor do que nunca lera nada, Béla Hamvas, e esa expectativa sempre me mantén alerta e ilusionado, como cando de neno me deitaba a noite previa a un día de excursión. E a excursión non puido ser máis ditosa. O libro atrapoume desde a primeira páxina. 

A nivel racional os capítulos que máis me gustaron foron os dedicados a Kierkegaard e Heráclito, pero hoxe quero falar do que máis me gustou a nivel emotivo, Coller cereixas, no que Hamvas di que sempre preferiu coller cereixas a coller mazás porque, a diferenza de outubro, o mes das mazás, no que predomina o silencio no horto, no mes de xuño, o das cereixas, cantan no val reiseñores, pimpíns, verderolos, cucos e pegas. De feito Hamvas só subía á cerdeira cando comezaba a cantar o reiseñor cun canto que se parece, di, ao sabor da cereixa, case púrpura, e plenamente madura. A Hamvas gustáballe espertar pola mañá e, cos ollos aínda pechados, oír a voz do reiseñor e saber así se o ceo estaba despexado, se o orballo mollara a herba, se as cepas da vide floreceran e se a brisa era do sueste. Hamvas di que a cerdeira é a árbore máis sensible (por iso non lle permitía usar escaleira para subir a ela), e tamén a que mellores asentos ofrece nas pólas, sobre todo nas máis altas, onde Hamvas viviu de neno unha experiencia que non tivo nin tocando o piano, nin escribindo, nin pensando, nin viaxando. melancoliaA experiencia da liberdade, que describe dunha forma tan extraordinaria que, léndoo, volvín experimentar esa atmosfera da miña nenez que sempre crin intraducible a palabras, e menos aínda a palabras tan abstractas: “A liberdade só é excitación mentres non existe, mentres hai no home algo que a prohibe; en cambio, cando todo o abano de posibilidades se abre e desaparece do home a oposición a si mesmo, a liberdade vólvese tan sinxela que un nin sequera a percibe se non cobra conciencia dela especificamente”.

Nada máis acabar de ler ese capítulo, púxenme a andar polo paseo marítimo de volta á casa. Só me decatei de que deixara os zapatos no banco e de que camiñara libremente descalzo cando cheguei á estrada e oín a odiosa bucina dun coche. 

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Narrativa, X. Ricardo Losada. Garda a ligazón permanente.

9 respostas a Coller cereixas

  1. Non sé que diaños ocurre con los párrafos que me salen separados y no atino para juntarlos. Cada día que pasa voy de mal en peor en esto de la Informática.

  2. Perdoa pola “metedura” con respecto aos paseos marítimos. É que as veces paso pola
    vida sen darme de conta.
    Falando de froita: comprei uns melocotóns coa mellor fasquía e, por certo, ben caros. Fai un anaco recordeime deles e fun a neveira en busca dun… Non sabían a nada. Prefiro a froita cativa do chan, ata co verme, a esta outra froita aparente digna dun bodegón de Botero.

    As miñas horas adicadas a escritura son case sempre pola noite, anque lle roube tempo o sono. É unha costume. Agora teño que facelo tamén por necesidade: fai case un par de meses que estou condenada a soportar o infernal ruído dun taladro co acompañamento dun martilleo incesante –do que as veces fago partícipe a Magdalena, que para eso está o wassap- por mor dunha obra que vai para longo. ( É un delalle de boa vecindade achantar e calar. Pero hai que facer verdadeiros esforzos para non estoupar.)
    Para min non é doado escribir na nosa lingua. Pero intentoo, anque sexa malamente.
    É que o galego de hoxe…

    Boas noites. Digo eu que serán algo máis frescas que as de Madrid.

  3. Magdalena di:

    Me estoy riendo con la respuesta de Gonzalo, y creo que no le falta razón. El paseo marítimo de Rianxo es precioso pero, el de Boiro… por lo menos, no le niega pares.
    Y referente a las xoubas… El día trece estuvimos en Santiago y fuimos a comer a un restaurante que se llama A nave de Vidán, y vi que tenían xoubiñas de Rianxo y las pedí.¡¡ Estaban deliciosas !!
    Biquiños

  4. x ricardo losada di:

    Prezado Gonzalo: Sei que o teu comentario é unha chanza, pero, pensando na túa reputación máis que na miña, permíteme aclararllo a todos os lectores que non nos coñezan.
    Tomado como chanza:
    a) Como bo filósofo, sabes que o emocional é irrebatible. E a miña (implícita!!!) afirmación sobre Rianxo e Boiro é emotiva.
    b) Amo Rianxo como amo (aínda que a Rianxo moito menos) a miña nai. Se me chamases lañento por dicir que miña nai é a mellor do mundo, si que gabearía polas paredes. E como intentases demostrarme algo tan obvio como que ten moitos defectos e que hai nais con mellores calidades que ela, pensaría que non sabes que é querer unha nai. E peor aínda, que non sabes que significa a frase “Miña nai é a mellor nai do mundo” máis alá da literalidade.
    c) Se é certo iso que dis sobre a pesca das xoubas, quen queda mal non son os rianxeiros, son os veciños do Bodión e de Agüeiros. Terán que explicar por que
    non piden a denominación de orixe xoubeira, sendo ademáis tan fácil de demostrar
    como ti dis.
    d) Sei que coincides comigo en que A terra para quen a traballa. As xoubas para quen as traballan.
    e) Podes estar seguro de que aínda que se demostrase que pertenzo á patria dos ladróns de xoubas, Rianxo seguiría sendo para min o mellor sitio do mundo.
    Irónicas apertas
    P.D.: Sei que hai tantos “os mellores lugares do mundo” como lugares. En caso contrario, non tería mérito ningún ser, como é Rianxo, o mellor lugar do mundo.

  5. x ricardo losada di:

    Tamén a min me trae recordos esa simpática anécdota que contas. Cada vez que compro froita (tratada) no Mercadona e teño que pór guantes para collela recordo a marabillosa sensación da froita roubada na nenez. Na horta do crego eu roubaba moi
    pouco pois víaa todos os días desde a ventá da miña casa, e aos nenos gústanlles as grandes aventuras. Roubar na horta do lado carecía de épica.
    Quen non tivo esas mesmas dúbidas coas confesións!
    Moitas coincidencias, como ves. Pero hai unha que quero corrixir. Eu referíame ao paseo marítimo de Rianxo. O de Boiro é bonito, bonitísimo, pero o de Rianxo é…. é…
    Teño moitos amigos en Boiro.

    Apertas rianxeiras

    Apertas

    • gonzalo trasbach paz di:

      Bos días. A X.R. só lle faltaba coñecerlle ese lado que sempre exhiben os lañas: Non hai nada coma Rianxo. Mesmo venden as xoubas como se fosen de Rianxo, e un lembra que sempre as viñeron pescar a zona do Bodión ou de Agüeiros. Ou non é certo? Non me importa que o paseo marítimo de aló sexa mellor co de aquí ou mesmo ao revés. Pero ese espírito tan lañento…Coñezo un ex cuñado teu que cando lle digo cousas coma estas, e sabe que son verdade, gabea polas paredes. Perde o norte. Agardo que ti non o fagas, despois de todo…Xa sabes. From Boiro to Rianxo.

  6. Ayer -a las tantas de la madrugada, que es cuando suelo asomarme al ordenador, y después de varios intentos infructuosos de colgar algunas de mis vicisitudes en mi humilde blog- se me ocurrió entrar en Café Barbantia, llamando mi atención un título: “Coller cereixas”. Me lo leí de un tirón pero, como era demasiado tarde, preferí dejar el comentario para hoy que también son las tantas.

    Veintidós grados… ¡Qué envidia me das! Y lo de coger cerezas del árbol me trae recuerdos lejanos en el tiempo, pero muy presentes en la memoria. Y además lo hacía en A Madanela, justo enfrente de la playa de Barraña y de ese precioso paseo del que haces mención. Claro que yo me subía al árbol, sin escalera y con una cestita en la que iba depositando las cerezas. Después se las tiraba a puñados a los niños del pueblo y, como las cerezas no eran mías, me creía en la necesidad de confesarme. El dilema era con quién me confesaba: si lo hacía con el cura del pueblo, me conocía y, encima, las cerezas eran de su propiedad. El mismo problema se me presentaba con el cura de Boiro que era su amigo y podía contárselo. Se ve que eso del secreto de confesión no lo tenía nada claro…
    Aunque hoy no se mueve una hoja, me voy un rato a la terraza. Aquí pasamos de los cuarenta y esto es insoportable.
    Trataré de agenciarme esos dos libros que os traéis entre manos Magdalena y tú.
    Felices sonos.

  7. x ricardo losada di:

    Tomo nota desa recomendación, xa me gusta moito o título.
    Tamén me aleda ese sorriso final, pero diso si que non tomo nota. Non quero
    adquirir o compromiso, consciente ou inconsciente, de que todo o que escribo teña que ser gracioso. Bloquearíame.
    Apertas

  8. Magdalena di:

    Querido profesor:
    Ya le gustaría a un buen cantante, tener los registros que tú manejas en los textos. He imaginado perfectamente la escena, porque la describes a la perfección. No te he envidiado ya que , también estuve en el paseo marítimo de Boiro, que es un vergel. No me llevé el libro porque estaba acompañada, y como la compañía era placentera, no añoré la lectura. Ahora dentro de un rato, cuando vaya a recoger a mi nieta a la escuela, sí, lo llevaré. Salgo con una hora de antelación, y a la sombra de una palmera, en esos tres cuartos de hora de espera, disfruto de un libro de la escritora alemana Eva Weaver. El título ” Todo lo que cabe en los bolsillos “. Está genial. Muy triste porque es una historia de cuando los nazis ocuparon Varsovia, pero merece la pena leerlo. Lo recomiendo.
    El final de tu artículo, me hizo sonreír como siempre. Yo notaba que faltaba algo, y ese algo, quedó impreso en los últimos cuatro renglones en que dejaste tu característico sello.
    Un besiño, profe.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>