A cielo abierto, de Antonio Iturbe

a cielo abiertoXerardo AgraFoxo. Cando o ano pasado viaxei a Senegal, a primeira porta da África negra, tiven a oportunidade de coñecer a cidade colonial de Saint Louis, a primeira capital da África occidental francesa e Patrimonio Mundial da Humanidade pola UNESCO dende o ano 2000.  No centro do seu casco histórico puiden visitar o Museo onde se realiza unha homenaxe aos heroes da Aéropostale, a compañía aérea francesa que conseguiu levar o correo dende Toulouse ata Bos Aires nun traxecto de máis de trece mil quilómetros. A cielo abierto, Premio Biblioteca Breve 2017, conta cun ritmo emotivo e apaixonante a vida das tres figuras que conseguiron aquela proeza: Jean Mermoz, Henri Guillaume e Antoine de Saint-Exupéry. A historia destes tres pilotos franceses é descrita ao longo de 600 páxinas coma un relato de aventuras, onde non faltan os tuaregs, os accidentes, as noites de troula, as mulleres en cada recuncho, as treboadas aéreas e os secuestros con rescate. Aventuras trepidantes que gardan relación coas ideas daqueles afoutados homes: “O peor que nos pode pasar é morrer na cama”. Antonio-Iturbe-Premio-Biblioteca-Breve_997112959_121699485_667x375Unha teima que tivo un final acaído: Jean Mermoz faleceu nun accidente que tivo co avión La Cruz del Sur. Henri Guillaumet, despois de sobrevoar os Andes máis de duascentas veces, morreu cando o seu  avión foi abatido por erro nas augas do Mediterráneo. A historia tráxica de Saint-Exupéry fronte as costas de Marsella, onde hai uns anos apareceu a fuselaxe da súa avioneta e unha pulseira co nome da súa dona, Consuelo Suncín, coñecémola todos.

Un comentario en “A cielo abierto, de Antonio Iturbe

  1. Es posible que para algunos, lo peor que les pueda pasar, sea morirse en la cama. Otros dicen que lo peor, es morirse de una enfermedad que no sea grave. otros dicen que lo mejor es que “Dios o leve na camisa da semana” queriendo decir que no sea larga la agonía, y otros, por el contrario ( como decía Perich) ” cuando van a subirse a un avión comprueban que su horóscopo le sea favorable pero en cambio, no vigilan que también lo sea el del piloto”. Yo por si acaso, de momento, voy a reservar mi opinión, y mientras aquí estemos, hagamos caso de uno de esos tres grandes aviadores que en El principito nos decía : “Vivamos con el corazón, solo con él, se puede vivir bien. Lo esencial es invisible a los ojos”
    Saudiña por moitos anos, Xerardo. Boa travesía no avión da vida.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *