Domingo de Revolución, de Wendy Guerra

domingoXerardo AgraFoxo. Desta autora, nada en La Habana no ano 1970, lera tres novelas: Todos se van ( Premio de Novela Bruguera 2006); Nunca fui  primera dama (2008);  e Posar desnuda en La Habana (2010), baseada na estadía de Anaïs Nin en Cuba e a única permitida no seu país. En Domingo de Revolución  conta a vida de Cleo, unha poeta que vive unha situación kafkiana dende que unha editorial catalá lle concede un premio literario (“una invención de la CIA”). Como outras persoas que non abrazan a Revolución verase vixiada e perseguida, atoparase coma unha apestada ao entrar na “categoría de desidente”. Entón decide facer un periplo por Cuba para coñecer como “estaba la cosa porque La Habana es una ficción”. Tamén viaxa a México, onde os intelectuais do exilio a consideran unha infiltrada da intelixencia cubana.  A súa decepción medra cando Gerónimo Martines, un famoso actor, lle confirma a súa verdadeira identidade: Cleo, ou Cleopatra Alejandra, non é filla dos seus pais, que acaban de sufrir un “fatídico accidente”, senón dun descoñecido –“bandido ou heroe”–  contratado polos yanquis.

Wendy-Guerra-presenta-Domingo-revolucion_EDIIMA20160512_0231_19Domingo de Revolución (2016), ademais dunha novela autobiográfica  é unha excelente radiografía de Cuba: un país que produce azucre, médicos emigrantes, presos políticos, un ensino de calidade (“Tenemos las prostitutas mas cultas del mundo”, Fidel dixit) e recoñecidos músicos, como Silvio Rodríguez, que nunca viu unha urna pero é partidario do “procés”.

Un comentario en “Domingo de Revolución, de Wendy Guerra

  1. Ojalá los días tuviesen el doble de horas, Xerardo. Yo suelo leer dos horitas cada noche prescindiendo de la televisión y a veces de las charlas tan amenas y didácticas con mi querida prima Mari Carmen. Anoto todos los títulos que recomendáis por si tengo la suerte de dar con ellos. Muchas gracias por esa labor tan pedagógica.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *