Loving, de Jeff Nichols

loving-196653411-largeXerardo AgraFoxo. No ano 1966 Ernesto Miranda, un indixente sen estudos de Arizona, foi acusado do rapto e violación dunha moza de dezaoito anos aínda que o fiscal só ofreceu como proba de cargo a súa confesión. O caso adquiriu tal notoriedade que foi elevado á Corte Suprema que, nun fallo que faría historia (Miranda contra Arizona), considerou que a sentenza era inadmisible porque a Quinta Emenda da Constitución dos Estados Unidos garante a calquera detido poder gardar silencio ademais de ter dereito á asistencia dun avogado. Nacía a Advertencia  Miranda.

Loving (2016), esta interesante película de Jeff Nichols –unha das máis galardoadas no ano 2016–, está baseada nun caso que tamén sentou xurisprudencia nos Estados Unidos. Nela cóntase  a historia real de Mildred (Ruth Negga) e Richard Loving (Joel Edgerton), unha parella que casou en Virxinia en 1958. Debido á natureza interracial do seu matrimonio, foron arrestados, encarcerados e exiliados porque a súa unión violaba as leis anti mestizaxe do estado de Virxinia (Racial Integrity Act, 1923). Durante unha década a parella loitou polo  dereito a regresar ao seu fogar. cover-loving-getty-635x480 O seu caso, por intercesión de Robert Kennedy, chegou ata a  Corte Suprema no ano 1967. Nun fallo unánime, coñecido como Loving contra Virxinia, invalidáronse as leis que prohibían estes matrimonios porque consideraron que era un “acto intrínseco”. Esta sentenza sobre os dereitos civís provocou as medras das unións entre razas e  conmemórase  anualmente cada 12 de xuño co Loving Day.

Por certo, Ernesto Miranda foi condenado noutro xuízo e cumpriu once anos de cárcere. Ao saír  foi asasinado nunha pelexa con coitelos… e ao seu homicida léronlle os dereitos Miranda.

Un comentario en “Loving, de Jeff Nichols

  1. Buenas tardes Xerardo; desconocía esa ley anti mestizaje. ¡ Qué barbaridad !
    En una ocasión le escuché a Perich algo relacionado con el racismo. Voy a intentar recordarlo. Era algo así: “En España no somos racistas. Si de un tío que trabaja mucho decimos que “trabaja como un negro” de un avaro decimos que es “un judío” de un hombre excesivamente celoso, decimos que es un “moro”o de un individuo torpe, decimos que “le han engañado como a un chino”; es porque somos un pueblo dicharachero y sin prejuicios”
    Ya ves, pienso, luego embisto.
    Saludos palmeiráns, Xerardo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>