Esperar máis ou menos

triaxeAntón Riveiro Coello. Heráclito dicía que esperamos coa esperanza de non esperar nunca máis. Non hai moito, en La Voz de Galicia, aparecía unha nova sobre a posición de Galicia na clasificación española das listas de espera nos hospitais. Segundo os datos divulgados polo Ministerio de Sanidade, aquí seica esperamos máis que os vascos e os madrileños e moito menos que os cataláns e os canarios. Pois haberá que o celebrar, non si? Nas consultas externas o asunto empeorou até os 72 días. Pero nós, entre os mellores, si señor, non hai que ser alarmistas. Na interesante serie de porcentaxes que se nos ofrece, hai unha que chama a miña atención: en Galicia, o número de pacientes que agardan máis de seis meses para unha intervención cirúrxica só representa o 5,7 %, fronte ao 18,9 % no conxunto do territorio español. Nada, minucias. Estas noticias de mal colectivo neutralizan a rabia e fan que a espera non sexa máis ca unha rutina. Dá igual que os lugares nos sobrevivan diante dunha fatalidade inminente. O asunto é que estamos ben colocados e aceptamos a tensión da espera con solemne disciplina. tursimoLembro aí atrás, na cama do lado á da miña nai, como a unha muller se lle pospuxo a operación durante dous días por falta de cirurxián e a tiveron sen comer durante todo ese tempo. Por iso, cando finalmente a pobre baixou ao quirófano, a súa ilusión feroz tiña máis que ver coa fame que coa doenza.

Cómpre aprendermos a esperar. Sempre hai quen espera máis ca nós. A miña avoa, por exemplo, cando unha vez en urxencias lle puxeron unha desas pulseiras azuis que indicaban unhas catro horas de espera, achegouse a un home de pulseira laranxa para o felicitar porque el ía diante e non ía ter que esperar moito. Unha sorte.

5 comentarios en “Esperar máis ou menos

  1. Querido Antón ; yo tampoco tengo nada que objetar a tu comentario, pues cada uno, como suele decirse, “conta as cousas según lle vai na feira”. Para nosotros, la lista de espera fue justo la necesaria para preparar las dos intervenciones. Somos tantos, que me imagino que lo que no requiere urgencia es el que tiene que esperar. Sería muy positivo que en ningún caso hubiera lista de espera, pero tal como están las cosas, la Isla de Utopía y Jauja todavía están muy lejos.
    Esperemos que esos despropósitos se tornen en aciertos para todos, y que se alcance lo más deseable, porque la salud es lo más importante en esta vida.
    Un cariñoso abrazo, Antón.

  2. Queridas Magdalena e Carmen: nada que engadir aos vosos comentarios, nin tampouco ningunha queixa con respecto aos profesionais da sanidade. O meu artigo ía máis polo camiño irónico que indica Gonzalo. Con todo, non todas as experiencias son felices. Eu podería facer unha lista de despropósitos na miña propia familia con esperas ben longas provocadas fundamentalmente polos recortes que os políticos levan feito en sanidade nos últimos anos. En fin, convén seguirmos alerta e aspirar a seguir na primeira división. Moitas grazas

  3. Boas tardes. Meto a man no lume. Pero coido que só se trata de polemizar. Penso que Antón escribe sobre a propaganda política que se fai dun feito e que, coido, para nada a afecta ao traballo que fan os empregados da Seguridade Social, que, estou convencido, é do mellorciño que hai, coma dicía un veciño, no mundo mundial. Apertas para todos. Hoxe síntome xeneroso.

  4. En mis estancias en Galicia no tuve necesidad de asistencia hospitalaria: sólo de ambulatorio para cosas de poca importancia. Pero tengo amigas y familiares que en sus comentarios dejan en muy buen lugar la actuación médica y hospitalaria de esa zona. Y, por lo que pude observar, creo que funciona bastante mejor que en Madrid, debido seguramente a que la afluencia de enfermos -o pseudoenfermos- aquí es masiva, resultando insuficiente el número de camas y de facultativos.
    Mi relación con la cirugía en más de 40 años se redujo a un par de operaciones de cataratas, y puedo asegurar que la atención y resultado fueron excelentes, pero la espera muy larga. Se me ofreció atención más rápida en clínica privada a la que renuncié categóricamente.
    Comienzas tu artículo con alusión a una cita de Heráclito. Yo termino mi sencillo comentario con otra del escritor argentino Enrique Agilda: “No esperes esperando. Espera viviendo”. Aunque el sólo hecho de esperar quiere decir que vivimos.

  5. Buenos días, Antón; por desgracia esta temporada en nuestra casa hemos, y continuamos visitando con demasiada frecuencia los hospitales. A mi marido le operaron justo un mes después de que se detectase su enfermedad, ese tiempo fue dedicado al preoperatorio, a mi hija un poco más tarde, porque antes tuvo que someterse a la quimioterápia. Cuando visitas cada 21 días oncología y ves aquellas salas abarrotadas de gente para recibir el tratamiento y que todas ellas salen de su oncólogo con una sonrisa en los labios por lo cariñosamente que han sido tratados, cuándo a continuación vas a la sala farmacéutica donde te preparan la Capecitabina, primperan y demás tratamiento oral para tomar en casa acompañado de instrucciones orales llenas de cariño hacia el paciente, y de allí vas a la sala 1, , 2 , 3, y así hasta la sala 7, y todas atestadas de gente y te preparan para recibir durante tres horas un tratamiento muy duro pero acompañado de amabilidad, y de un pequeño ágape, fruta, yogures, un pequeño bocata de tu preferencia, etc, etc… y para no extenderme más ya no quiero enumerar las atenciones recibidas durante el ingreso, pre, intervención y post. A mí solo me resta decir, ¡ qué suerte, tener esta Seguridad Social, tan fantástica! yo tampoco me había dado cuenta hasta que la necesité. Gracias de todo corazón a todos los que allí ponen su granito de arena con su buen hacer, para el paciente es una montaña de bendiciones.
    Cariñosos saludos, Antón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *