Mafalda durmida

mafaldaX. Ricardo Losada. Cando en clase de filosofía falamos do sentido da vida, sempre lles pido aos alumnos que fagan unha reflexión persoal sobre que senten cada mañá cando soa o espertador. A maioría coincide en consideralo un dos peores momentos do día. Entón pregúntolles se non é un pouco triste que prefiramos durmir a vivir. Non podería interpretarse como un síntoma de que a nosa vida non merece a pena ser vivida? De feito cando temos algo motivador que facer á mañá seguinte (unha excursión, póñolles por caso) non durmimos en toda a noite, proba evidente de que se a nosa vida fose estimulante levaríamos unha alegría cada vez que soa o espertador. Como diría Mafalda, “Deus, mándame ganas de traballar porque coas de durmir xa te estás pasando…”.

Pode que Leonardo da Vinci tamén lle fixese esa petición a Deus e que Deus, sempre tan esquivo ás imploracións humanas, lla concedese, e lla concedese en dimensións, loxicamente, case divinas pois teño lido que o xenio renacentista só durmía un cuarto de hora cada catro horas, é dicir, hora e media diaria, é dicir, como Deus, (case) non durmía. Supoño que será unha esaxeración pero no que si coinciden os biógrafos é en que durmía moi pouco. Aínda sendo un xenio, para brillar en tantas facetas e facer todo o que fixo, necesítanse moitas horas diarias de dedicación e esforzo. Hai profesores que lles poñen aos alumnos o exemplo de Leonardo para motivalos, pero é un erro maiúsculo. O único que conseguen é reducir o número de alumnos que queren ser xenios e aumentar o dos que prefiren ser futbolistas. Romario, por exemplo, que chegou a ser un dos mellores xogadores do mundo, e multimillonario, facía xusto o contrario. Pasaba o partido durmindo e espertaba uns breves segundos cada quince minutos para facer un gol ou dar unha asistencia.

vaqueroÉ curioso porque nisto, como noutras moitas cousas, os humanos non nos distinguimos do resto dos animais. O koala, que dorme 22 horas ao día, podería facer a mesma petición que Mafalda. A xirafa, que dorme dúas horas diarias en quendas de sete minutos, usa o mesmo método que Leonardo. Agora ben. Se eu puidese escoller unha forma de durmir do mundo animal escollería a das baleas. Ao parecer dormen e traballan ao mesmo tempo pois son capaces de desconectar un hemisferio do cerebro para durmir e manter o outro activo para saír á superficie a respirar. Diredes vós: telo complicado, amigo, iso non é posible para os humanos. Direivos eu: incautos, como vos dixen antes todo o que sucede no mundo humano sucede no mundo animal e (digo agora) todo o que sucede no mundo animal sucede no mundo humano. Aí tedes os vaqueiros. Dormen cun hemisferio (e co ollo correspondente) pechado mentres manteñen o outro hemisferio (e o ollo correspondente) aberto, e disposto a disparar contra todo o que se mova.

3 comentarios en “Mafalda durmida

  1. Querido profesor; ahora ya me dejas con la duda, seguro que algún día aparece un artículo con ese título. A pesar de que solo duermo seis horas escasas, eres capaz de darle la vuelta como un calcetín a mi escaso descanso y me haces aparecer en calidad de marmota o lirón. Bueno, a ver como te las arreglas para que sea creíble. JA,JA,JA.
    Besiños palmeiráns.

  2. Alédame moito saber que non podería escribir un texto co título
    “Magdalena durmida”. Non sei nos outros ámbitos da túa vida, pero
    no de Café Barbantia é un pracer que esteas esperta e con ganas de vivir, quérese dicir: de escribir.
    Máis apertas

  3. Querido profesor; yo soy bastante madrugadora porque el día que no lo hago, el tiempo no me rinde lo suficiente para las cosas que me propongo hacer; en cambio si me levanto temprano hago todo con holgura y estoy más satisfecha disfrutando de lo realizado. Aún así, el tiempo corre que vuela y no estamos aquí para calentar el viscolatex. Pues como tú bien dices, estamos en el globo terráqueo para vivir, y no para hinchar el ídem con los soplidos de Morfeo.
    Leer a Mafalda es una gozada. Tengo unas cuantas frases recogidas del inolvidable Quino, la que tengo ahora en mientes es esta: – Preguntaba Miguelito a Mafalda. “Mafalda, ¿ de dónde viene América ? – América viene de los incas, de los mayas, de los aztecas… – ¿ Y los argentinos, de dónde venimos los argentinos Mafalda ?- Los argentinos, de los barcos, Miguelito, de los barcos…”
    Recordado y admirado gran Quino, buen dibujante y grandísimo humorista.
    De Leonardo da Vinci, no me extraña nada lo tú dices, profesor, porque si te paras a pensar él, fue el precursor del pluriempleo. No paraba de trabajar, discurrir, inventar… Don Leonardo, querría resarcirse de uno de los más graves errores de la naturaleza, que es la terrible desproporción que existe entre el tiempo que pasamos muertos y el tiempo que pasamos vivos.
    No creo en la reencarnación pero, de poder renacer en otro cuerpo también preferiría en el de la ballena, tener siempre uno de los hemisferios despiertos es vivir doblemente. El tiempo es oro, y la vida a pesar de los reveses que nos proporciona, es bella.
    Un abrazo querido profesor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *