O Edipo de Sófocles

resumen-del-libro-edipo-reyFidel Vidal. A historia de Edipo comeza no criminal e severo trauma (físico e psicolóxico) dun neno a mans de quen debería protexelo e coidalo: o seu pai e a súa nai (biolóxicos). O neno Edipo –nacido de Laio e Iocasta, rei e raíña de Tebas, advertidos polo oráculo de que o seu fillo está destinado a matar o seu propio pai-, é mutilado atravesándolle os pés cun cravo coa intención de o asasinar. Salvado por un pastor, posteriormente foi criado polo rei e pola raíña de Corinto aos que considera os seus verdadeiros pais. E son en realidade os seus verdadeiros pais; os outros só o concibiron: o feito de ser xenitor(a) non configura unha paternidade, nin sequera unha maternidade. Mais alguén fai dubidar a Edipo sobre o seu futuro e consúltao no Oráculo de Delfos. Este anúncialle que asasinará o seu pai e casará coa súa nai.

EDIPO.- O meu pai é Pólibo, o corintio, e Mérope a miña nai, doria. Un home embriagado chamoume “fillo suposto”. Pregunteilles aos meus pais e eles tomaron a mal a ofensa do que tal afirmou.(…) En Delfos predixéronse cousas terribles e de desgraza: que eu debería unirme a miña nai, e amosaría unha liñaxe de insoportable vista para os homes, e que eu sería o asasino do pai que me procreou. Cando escoitei isto fuxín da terra corintia (Sófocles, Edipo, Rei)

EAEEdipo, co obxecto de protexer os pais do seu terrible destino, foxe de Corinto para nunca máis volver. Vagando por Grecia nunha encrucillada dá morte a un estraño que o provoca. Este estraño resulta ser o seu pai Laio. Edipo chega a Tebas nun momento en que a cidade é asolada pola Esfinxe (metade muller e metade león) que propón un enigma como un desafío. Edipo resólveo, converténdose en rei de Tebas, e casa coa raíña Iocasta. Moitos anos despois volve caer sobre Tebas unha praga como castigo polo asasinato impune de Laio. Edipo comprométese a dar co asasino e, ao descubrir a verdade, que foi el quen o matou, cégase; no entanto Iocasta, ante a revelación da identidade do fillo, suicídase.

A causa do suicidio de Iocasta non se debeu, como interpretaron algúns autores, á relación incestuosa que mantivo co seu fillo senón –segundo aclara o propio Sófocles- por participar con Laio, esposo e pai, no complot para mataren o seu fillo Edipo. Así é, mentres Edipo procura a toda costa evitar a morte do seu pai (verdadeiro), o seu pai (biolóxico), en conivencia coa nai que o pariu, é quen, son quen de cometeren un crime ao mandar matalo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *