PJ Harvey: dama en negro con saxofón

el huecoGonzalo Trasbach. Estraña tarde a daquel 23 de agosto pasado. Aínda fumegaban os cadáveres dos mortos nos atentados de Barcelona e Cambrils. Mais a programación obrigaba. No escenario montado no Poble Espanyol aparece, diante duns tres mil espectadores, unha radiante Polly Jean Harvey (Somerset, England, 9/10/1969): vestida de rigoroso negro, coma o resto da súa numerosa banda, encabezado polos seus dous máis fieis músicos, John Parish e Mick Harvey, e leva un saxofón entre as mans: liturxia e cerimonial en escena.

Aínda que xa tiña participado no festival literario Kosmopolis do pasado 26 de marzo, onde brindou un recital que tiña coma sustento os poemas que recollía no libro El hueco en la mano (Sexto piso, 2015), un volume firmado a medias co fotoxornalista Seamus Murphy, co que vén traballando dende a composición de “Let England Shake” (2011), a británica non tiña pisado un escenario da capital catalá dende o Primavera Sound de 2016.

Os poemas cos que PJ deixou constancia que tamén sabe dominar a faceta de recitadora poética ou lírica, son os que conforman a osamenta de “The Hope Six Demolition Project” (2016), un álbum que, agás algunha lagoa que outra, mantén o nivel na liña de ascendente excelencia na que leva instalada a cantante e compositora inglesa dende a súa posta de longo. Contaba 23 primaveras Polly Jean cando gravou “Rid Of Me”, uns nove meses máis tarde de que debutase con “Dry” (1992).PJ_1200 Dura, sucia, temible e violenta soaba a de Somerset nunhas cancións que seguen conservando a vixencia dun manifesto de empoderamento feminino, complexo e contraditorio, poliédrico.

Pero se a acidez, a crueza e ata a violencia rabiosa, furiosa da carne, do sexo eran os elementos cos que tecía o pano sónico do seu comezo, co paso dos anos, coa madurez, PJ debuxa e pinta unha paraxe sonora moi distinta. Nesta nova etapa, resoan tambores de guerra sobre o lenzo e a crónica político, histórico e social, na que denuncia o rumbo que se ten trazado o mundo, o noso mundo. Non outra cousa cabe deducir dos seu airados e solemnes discos dos últimos anos: “Let England Shake” e o máis recente “The Hope Six Demolition Project”. Antes destes dous tivemos o pracer de escoitar o considerado “máis raro” álbum da británica: “White Chalk” (2007), unha monumental obra na que a súa impresionante voz navega sobre un mar de fantasmais cancións, fibras de piano espidas até os osos, con puntuais reforzos de guitarra ou harmónica. Esta obra, que algúns teñen cualificado coma lánguida, está poboada cunhas letras en carne viva, ateigadas de ausencias e perdas.

pjEn “Let England Shake”, octavo longa duración en solitario, explora a iconografía da destrución, coa Grande Guerra (1914-18) coma malla ou rede de fondo. Álbum febril e desesperado, bastante lonxe de “White Chalk”. Con “The Hope Six Demolition Project”, que arranca coa luminosa The Community Of Hope, regresa un pouco á senda popera que se reflectía en “Stories from the City, Stories from the Sea” (2000) e afástase da ferida aberta no anterior traballo.

Dende a visceralidade e a pulsión sexual de “Rid Of Me”, a escuridade da súa primeira colaboración con Flood en “To Bring You My Love” (1995) e a época das turbulentas aventuras amorosas con Nick Cave, tamén marcada polos disfraces de vampiresa, máis de dúas décadas despois de situarse no mapa sonoro internacional, a vocalista británica segue cegándonos e seducíndonos: exhibe un enorme poderío vocal, amosa unha impecable posta en escena: sobria e contundente, escura e convulsa, pero á vez chea de vitalidade para desenvolver con poderosa enerxía un repertorio absolutamente turbador.

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Gonzalo Trasbach, Música. Garda a ligazón permanente.

5 respostas a PJ Harvey: dama en negro con saxofón

  1. Querido Gonzalo:
    Muchas gracias por el detalle. Estuve buscando la canción en Internet y sólo pude escuchar una versión de piano.
    Esta semana la tengo a tope. Aunque todas actividades lúdicas -entre ellas asistir a la ópera Carmen-, algunas son participativas y tienes que documentarte si no quieres hacer el ridículo, aunque sólo se trate de formular una pregunta.
    En cuanto pueda seguiré buscando la canción que me recomiendas (y alguna más), ya que la música es lo mío, aunque esté poco familiarizada con la que te gusta.
    Tengo que salir a la carrera y hoy llevo algo de tacón.
    Un abrazo.

  2. Querido Gonzalo:
    Si Magdalena me dejase apropiar de su formidable comentario, le quedaría infinitamente agradecida. Es perfecto. Yo sería incapaz de añadir una palabra más. Hasta el detalle de Somerset Maugham, uno de mis escritores preferidos -allá por los años sesenta- junto con Lajos zilahy, Stefan Zweig y algunos otros.
    Yo tampoco conocía a P J Harvey, pero –después de leer tu artículo- se me ha ocurrido escuchar algunas de las canciones que mencionas y, aunque la suya no es mi música preferida, no te deja indiferente. Por algo será que arrastre masas…
    La pareja Harvey- Mugphy debió de ser el tandem perfecto, por lo que he estado leyendo para complementar tu artículo. Pero una no puede abarcarlo todo y cuando te das cuenta de lo mucho que te has perdido (en este caso, leyendo tu estupendo trabajo) te entra una infinita tristeza.
    Tal vez en la próxima reencarnación…
    Boas noites e unha forte aperta.

    • gonzalo trasbach paz di:

      Bos días, Carme. Non teño máis que palabras de agradecemento polo teu comentario. Unha recomendación, mira de escoitar unha canción que si che gustará: Dear Darkness, está no disco “White Chalk”. E logo xa me comentarás. Saúdos cordiais.

  3. Magdalena di:

    Querido Gonzalo:
    Aunque nada puedo contestar a tu laborioso trabajo por lo complicado que resulta para mí, hacerlo, no me resigno a mandarte unas letras para decirte que te admiro por lo trabajoso que debe ser hilvanar ese entramado de personajes, escenarios, e historias. Al único Somerset que yo conozco es a Maugham.W. Personaje del que aún hace poco, tuve en mis manos uno de sus trabajos: “La carta”. Me imaginaré a la radiante Polly Jean vestida de negro en ese precioso y grandioso espacio del Poble Espanyol que sí conozco, como tantos otros maravillosos espacios de la monumental Barcelona. Deseo volver a ver pronto otro de tus buenos artículos en Barbantia, pues aunque desconozca el trabajo de esos personajes que tú tanto aprecias, es una gozada leer tus textos.
    Besiños palmeiráns, Gonzalo.

    • gonzalo trasbach paz di:

      Boas tardes, Magdalena. Non é tanto como parece. Escoitar discos, un dos cales, como ti ben sabes, mo consigue a tu filla, e recoller datos durante un longo tempo e logo buscar a maneira de xunguilos. Gracias por o teu ánimo. Gracias tamén a tú rapaza, polo o último disco dunha Polly Jean que, en realidade, é de Dorset, lugar do districto ou como se chame de Somerset. Unha aperta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>