Paa-taa-ta!

PotatoFidel Vidal. “Antes de toda palabra o neno ri. O mecanismo fisiolóxico da risa está sem-pre vinculado ao sorriso, e este coa distensión, cunha certa satisfacción”. Rela-cionada precisamente co que Lacan denomi-nou o “máis alá” da demanda e do inmedia-to. A resposta muscular que xera un sorriso espontáneo (ou de Duchenne) é produto dun impulso xerado nos ganglios basais como resposta a procesos do sistema límbico, tamén chamado cerebro emocional; por outra banda, o sorriso voluntario ten orixe no córtex motor.

Se queredes saber se un sorriso é verdadeiro ou falso non reparedes na boca senón nos ollos. Velaí a Gioconda de Leonardo da Vinci, inspiradora de tanta literatura, para o comprobardes. Non hai risa máis espontánea que a dun bebé: o gozo da frescura. E se existe algo desprezable atopámolo nunha escandalosa gargallada: o rincho do home, que dicía Vargas Vila. Desta volta non imos falar de sorrisos, risas ou gargalladas e si das palabras que usamos para saír ben nunha foto. Agás as persoas en por si fotoxénicas, para o resto dos mortais o feito de saír favorecidos nunha foto non é doado. De aí o uso de manobras para conseguilo. Entre elas a emisión dun vocábulo que distraia e acomode a xeito e alegre o noso rostro. Acadalo é un triunfo.
En toda Europa, as expresións máis comúns que se escoitan cando alguén está tomando unha fotografía asócianse especialmente ás vogais “i” ou “a” e, maiormente, pola influencia do inglés, sobresae a palabra “cheese!”. Tampouco esquecemos a francesa ouistiti -un xénero de primates- seguida da italiana famiglia, a nosa patata, ou a polaca marmolada. No Xapón o que dispara manda dicir: ”di queixo!” e o modelo obedece con algo así como “chisú”. Os países que comparten idioma co Reino Unido a palabra que empregan para evitar as caras feas é a coñecida e socorrida “cheese”.
sorrisosAo respecto do “chisu” dos xaponeses, lembro algúns parágrafos da novela de Andrei Makine O testamento francés (Tusquets, 1990): “Limitábame a contemplar os rostros femininos nos nosos álbums de fotos, e albiscar esa chispa de beleza nalgún deles”. “Porque aquelas mulleres [da estepa rusa] sabían que, para saíren guapas, tiñan que pronunciar, uns minutos antes de que as cegase a luzada, esas misteriosas sílabas francesas, cuxo significado poucas veces coñecían: “petite-pomme”. Como ensalmo, a boca, en vez de se tensar ou de se crispar en ansioso ricto, “formaba un gracioso círculo”. Dicían “petite-pomme” e “a sombra dunha distante e soñadora dozura velaba a mirada, afinaba os trazos, tinxía a foto cunha luz depurada de tempos pretéritos”.
Daquela as francesas dicían “petite-pomme” e hoxe seica din “ouistiti” para saíren cun sorriso na foto. Con iso foise perdendo o encanto fotográfico das sedutoras boquiñas de piñón que, ao parecer, retoman os xaponeses co seu “chisú”. Para a nosa desgraza, un recente estudio de Nikon afirma que a palabra “patata”, mais ben as sílabas “paa-taa-ta” elixidas en España para este fin, non son, nin moito menos, as máis axeitadas.

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Fidel Vidal, Fotografía. Garda a ligazón permanente.

3 respostas a Paa-taa-ta!

  1. Magdalena di:

    Aunque estamos en las Rías Bajas me he reído como si estuviera en las Altas, quiero decir a carcajada limpia ( aunque sea despreciable o escandalosa ) al leer tu comentario. Eres bueno descifrando retruécanos pues veo que has ido por LA RUTA NATURAL de la piel del susodicho.
    Un beso, ORAL CLARO.

  2. Magdalena di:

    Querido Fidel; me ha parecido muy entretenido el tema de la paa-taa-ta. Yo, a veces, hecho mano ( boca) también de la palabrita cuando el flash sale hacia su objetivo. Hace años podría imitar a los franceses con la “petite-pomme” pero ahora, esa petite-fruit, acentúa más el código de barras, mientras que arrastrando las sílabas de la pa,ta,ta, esa franja que tanto se nos deteriora, sita entre nariz y boca, se expansiona y se torna lisa como la piel del tubérculo. Y que conste que del tubérculo no pienso hacer un retruécano porque no es un AMENO FONEMA.
    El retruécano tendrás que descifrarlo tú, el palíndromo está clarito.
    Y, zanjando la cuestión, rías bajas o rías altas lo importante es que rías.
    Un cariñoso y alegre besiño.

    • Fidel Vidal di:

      Exacto, miña atenta Magdalena, todo xira arredor da pel do tubérculo. Moitas grazas e, sexan altas ou baixas, o importante é que rías. Saudiña e, entrementres, ASO A OSA.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>