Yoff

11Xerardo AgraFoxo. A praia era un areal inmenso, coma un abeiro salvaxe ateigado de nenos emboutados de area, mozos refregando as cabras na auga salgada, nenas ao redor das súas nais e mulleres que -a chegada dun cayuco. Cando este ancorou na beiramar, mentres uns cativos controlaban as redes, os mariñeiros desembarcaron as capturas e as súas donas recolléronas nuns caldeiros para levalas aos postos de venda. Era un día de borralla e unha airexa calma confundía as gaivotas esfameadas.

Un cartel anunciaba unha zona onde estaba prohibido realizar actividades deportivas: “Lieux saints. Interdiction de faire du sport et acouplements”. Ao fondo, no medio dun recinto protexido por un valo caleado, divisábase a cúpula verde con forma de cebola do mausoleo do marabout Seydima. Era un edificio branco, datado no ano 1950, e ao que acudían os crentes con motivo das celebracións islámicas que realizaban os peregrinos para pedir a protección dese apreciado santo.

No peirao dos pescadores celebrábase un partido de fútbol entre dous barrios de Yoff. Era unha competición oficial, cun árbitro vestido de negro, equipos uniformados e as bancadas, é dicir, os botes e os pneumáticos dos camións, repletas de seareiros. O ambiente era animado e, malia a faciana das casas e o estado das rúas, respirábase acougo. Por 450 CFA tomei, nun restaurante moi concorrido, uns ovos revoltos, unha mazá e un refresco de cola.

2 comentarios en “Yoff

  1. Exceptuando las cabras, la escena no es muy diferente a la de mi infancia: en la playa recogiendo arena, la espera del pescador cargado de fanecas pescadas “nas lobeiras”, los marineros repasando las redes en el muelle, los ya jubilados con los codos apoyados en el muelle recibiendo el sol por la “popa” mientras hablaban de sus anteriores capturas presumiendo de haber sido el mejor. Bonitos recuerdos.
    Un besazo, Xerardo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>