Ética del desorden ou o pensar analfabeto

aquetaciÛn 1Pedro Ferrández. “Á hora de pensar, o home non necesita máis escola que os mil embates cos que nos asedia a violencia de vivir” (Ignacio Castro). O pensar analfabeto é un termo utilizado por José Bergamín: “Todos os nenos, mentres o son, son analfabetos”. Iso escribe nun texto do ano 1930, A decadencia do analfabetismo. É dicir, para Bergamín, analfabetismo e inocencia van da man. Para o pensar analfabeto a recuperación desa inocencia, o asombro do neno, é fundamental. Remite moito Bergamín ao analfabetismo popular grego que el chama “albas da aurora, a pura ignorancia espiritual, a clara apetencia celeste”. Fronte a este analfabetismo sitúa Bergamín o alfabeto, ese saber que perdeu o asombro e a inocencia, que se refuxia nos libros e esquece o diálogo con esa ignorancia antiga que é a vida. Á vez, tal saber pretende dar unha resposta sistémica á existencia fóra da experiencia, da intuición e a sensibilidade común a todos. En definitiva, estamos falando do mundo da cultura que nos constrúe por dentro… ata que o notamos como unha sobredose que nos impide recoñecernos. Por iso, o filósofo Ignacio Castro advírtenos que “pensar é parte da loita que é vivir, do seu segredo intrépido, e ten a mesma perentoriedade que a fame”.

O libro de recente publicación sitúase nun diálogo constante entre a arte, a literatura e a filosofía. Sen esquecer nunca o noso atraso, o noso primeiro asombro, ese recordo dos nosos primeiros pasos pola vida.

Ao fondo de cada palabra asisto ao meu nacemento, como di o poeta Alain Bosquet. Ética da desorde vén tras Roxe de sebes, o seu libro sobre o retiro na natureza emboscada do Courel. Aquelas montañas e a súa inhóspita cabana foron un retiro da política cara á procura das palabras que lle permitisen habitar o mundo, ao xeito dun Stephen Dedalus probando os seus sentidos pola praia de Sandycove, espertando da historia para facerse as preguntas verdadeiras que esixe unha existencia verdadeira. Nesta Ética está a resposta para poder habitar sen inimigos, polo menos, só aqueles que che brinda a existencia. Asistimos a un Bloom feminizado por unha Molly: non é tamén, dalgún xeito, Clarice Lispector a Molly de Castro, a que di si á existencia unha e outra vez? Recordemos como acaba o Ulises de James Joyce, cun malgasto de sis iluminados pola noite en vela. Si. A vida recomezando cunha declaración de amor. O si, máis unha vez. A vida é o que comeza alí onde acaban os libros?, dinos o filósofo. Castro abraza a vida como abraza a poesía, a arte, a literatura e a filosofía.ignacio-castro-rey-360x240 O libro trata aos escritores e pensadores como experiencia de vida, unha experiencia viva; coma se fosen eses amigos que, aínda que non se coñeceron, deixaron migas de pan para saber volver ás sendas perdidas dun presente que sempre se nos oculta. Son absolutamente presentes.

Castro acode aos autores como produto dunha conversación longa e de sentimentos mutuos: Lispector, Rilke, Joyce, Heidegger, Borges, Whitman… e, sobre todo, Nietzsche. Os autores son resucitados á vida, si é que algunha vez morreron. Non é que o libro recupere a súa inocencia e asombro, é que sempre estiveron aí baixo a lousa da historia, da desorde.

“Custa ordenar o que non está separado, o que alenta na máis innegociable forma de vida” dinos o filósofo santiagués. Ética da desorde “recupera” así unha tensión positiva entre a vida e a morte, unha tensión que todo o ilumina: “Se hai algunha intelixencia na terra vén dese perigo mortal que é horizonte de calquera loita, amor, esperanza ou temor”.

Cada mañá o vento levántase confundindo a nosa tarefa, intentando apartarnos do camiño, desordenando as nosas intencións nunha presente e innegociable “soidade sonora”.

Ignacio Castro Rey
Ética del desorden. Pánico y sentido en el curso del siglo.
Ed. Pre-Textos, Madrid, mayo de 2017.

5 comentarios en “Ética del desorden ou o pensar analfabeto

  1. Estoy deseando leer ya, “Ética del desorden”. Tan pronto como pueda iré a comprarlo y así tendré dos motivos de satisfacción: uno será el deleite por la lectura de tal autor, y el segundo conocerle; pues espero tener la ventura de contar con una pequeña dedicatoria.
    Besiños palmeiráns para todos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>