Asedio irmandiño

Don Pedro Álvarez de SotomayorDomingo Regueira. Unha charanga con aire marcial aparece pola Arrochela arrastrando tras de si unha nube de po que envolve dúas ringleiras de irregulares. Encabezan as mesnadas Xoán de Santiago (principal dos irmandiños), e Estevo de Xunqueiras amo de canto crece no seu feudo.  No Eitón, fronte o Castelo da Mitra compostelán, os sufridos veciños, sedentos de xustiza, braman contra os depravados ocupas. Pandeiros, bombos, aturuxos, cunchas e tintinar de ferros atronan na explanada. Foise o medo, e agora os verros, insultos e maldicións, voan coma frechas envelenadas cara aos malfeitores.

–Desghrasiados fillos de pendangas, de frades e cortesáns! Non vos chegaba co quiñón que lles quitabades aos mariñeiros, que nos levabades porcos e ghaliñas. Fillos adultos de cabras! Violadores de porcas, burras e ladrillos!

—Ai muller, ladrillos…!

—Que lle queres?, esgotei o vocabulario.

—Chámalles… concupiscentes fillos de íncubos, súcubos e diáconos do románico erótico.

—Ah!, Repítemo!

As mulleres corren tras dos meniños para que non os pisen os cabalos. As aboas amósanlles enxivas, caries e piorreas e, co puño no aire, fanlles o tirarrollas. Outras chocan as pedras, insinuándolles como lles van machucar os reprodutores.

Os ousados foraxidos, ocupas do Castelo, disimulan o medo pero, en troques, sopesan a fuxida polo mar.

Xoán de Santiago consulta co de Xunqueiras pediren axuda a Madruga que estaba na Pobra con dúas naves de 50 homes.

Ao pouco aparecen por punta Cabío uns brancos velames, e a chusma estoupa en sonoras bramadas.

Fondeados na ría da Pedra do Lobo, Madruga relouca por estrear as bombardas que «lle quitara a unhas naves holandesas fondeadas na ría de Vigo, mentres nas festas do Berbés distraían a súa tripulación con carreiras de sacos, cucañas e outras parvadas”.

—Réndete Diáñez e non vos pasará nada! —gritou Xan de Santiago.

–O diaño te trouxo e o diaño te arrastrará aos avernos, picheleiro! —respondeulle o Diáñez.

—Voto a Bríos! —berrou Madruga dende a nave.

–Vota a túa nai, bastardo! —contestou o xefe dos insurrectos.

Só foron precisos dous disparos para que un terror paranormal invadise a explanada. Veciños, cans, porcos e soldados atuían as corredoiras.

Os bandidos, pampos, baixaron apertando as perniñas.

Salta na Praia o artilleiro Madruga e cántalle a charanga:

“ Viva a palma, viva a flor,

viva don Pedro Madruga,

don Pedro Álvarez de Soutomaior”.

6 comentarios en “Asedio irmandiño

  1. Querido Mingucho; tú sabes que yo te aprecio en alto grado, por eso me gusta verte en actitud positiva. Me encantó este artículo porque me ha parecido muy divertido y bueno. Continúa en esa línea.
    Es posible que un día te sorprenda escribiendo en gallego pero, necesito tiempo. Siempre ando corriendo para hacer las cosas: limpiar, cocinar, planchar, en fin, todo lo cotidiano de un ama de casa y atender a los animales, luego, mi paseo diario y lo más relajante sentarme con Barbantia a leeros a todos. Cuando os escribo, lo hago siempre a contra reloj, y la mayoría de las veces envío el comentario sin releerlo siquiera. Para escribir en gallego necesitaría pararme mucho más y consultar el diccionario, por eso me resulta más cómodo y rápido hacerlo como he aprendido de niña. Un día te sorprenderé. Tiempo al tiempo.
    Abrazos, creo que liberados de virus.

  2. Ola Magda:
    Grazas pola túa dose de motivación para que un poida seguir contando tolerías.
    A dicir verdades, eu son moi esixente cos escribidores, necesito que me sorprendan para aprender algo. En troques outros comentarán os meus mediocres opúsculos botando pestes contra min e contra quén mos publica.
    Estou esperando os resultados das túas clases de galego. A ver cando —a parte dos teus exquisitos comentarios—, nos sorprendes con algún conto dos que Carme sabe.
    Un bico virtual. Os abrazos para cando che abandonen os virus. Chao!

  3. Hola, noso Mingucho; ya veo que el nordeste que sopló estos días llevó tus pensamientos hasta Barbantia. Los que somos adictos a dicho Café nos alegramos de que te muestres aunque sea de vez en cuando y que no se quede únicamente el Eitón con tus reflexiones o críticas. Aquí sabemos apreciarlas muy bien a pesar de que no siempre estemos de acuerdo con ellas, porque un pelín pesimista, sí, lo eres. Pero, en la variedad está el gusto.
    El artículo me ha gustado mucho y me he reído con la del corto pero contundente vocabulario y su erudita amiga que parecía conocer a la perfección el románico erótico.Esas abuelas de bocas piorreicas y melladas chocando piedra con piedra, e imaginándome la cara de de los forajidos tratando de escabullirse por nuestro emblemático Castelo antes de que su sistema genital quedase prensado entre aquellos dos adoquines machacantes.
    Lo dicho querido vecino, prodígate un poquito más, que la generosidad es una cualidad y todos deseamos que seas más generoso en el arte de la escritura.
    Mira lo que soy yo de generosa que me he levantado de cama para contestarte, (tengo un catarrazo impresionante).
    Que el mismo viento del norte te lleve desde el Brañal hasta el Eitón, un cariñoso abrazo.

  4. Querido Mingucho:

    Da gusto conocer la historia de tu pueblo en clave de humor, recordando expresiones que tenía olvidadas. Me he reído mucho imaginando a palmeiráns e invasores en tan elocuente dialéctica.
    Como desconocía el significado de algunas palabras, he tenido que acudir al diccionario y, sobre todo, a la “Gran Enciclopedia Gallega” -de treinta tomos- que tengo casi sin usar desde hace unos cuarenta años. Y no veas cuántas cosas vienen sobre Palmeira… Somos un pueblo importante en la historia y no lo sabía: has venido tú a descubrírmelo con ingenio y chispa, sin desviarte del hecho histórico.
    Buenísimo.
    Un abrazo.

    P.D.
    No he logrado encontrar el significado de “tirarrollas”.

    1. Apreciada Carme:
      Vexo que tes un gran sentido do humor e comprendes a miña irónica forma de interpretar a historia coas súas tradicións relixiosas é costumistas. Magda, segue tachándome de pesimista, e non sei como remedialo, porque eu sonche así. Qué lle vou facer?
      Aclaración:
      O “tirarollas” é cousa do corrector, que me aplica o argot de Chantada, e por moito que o aviso, non fago bo del. Eu puxen, “sacacorchos”. Así como outros termos do argot palmeirán; e isto fai que despois os nativos, teñamos que recorrer ao dicionario chantadés.
      Bicos Carme:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>