Montes sagrados

castroX. Ricardo Losada. Hai un lugar en Rianxo desde o que podes ver os montes máis importantes do mundo, e cada vez que vou imaxino que os percorro nunha etapa ciclista. A primeira parte, cha, vai polo mar ata Vilagarcía, onde subo ao monte Lobeira. Despois collo a estrada de Padrón e subo ao monte Xiabre en Catoira para, de seguido, cruzar a ponte sobre o río Ulla e subir ao monte Lioira de Asados que, tras un rápido descenso, lévame ao pico Muralla no Araño e, case deseguido, ao Castro Barbudo en Taragoña. Finalmente abordo Iroite e o miradoiro da Curota na Pobra do Caramiñal, onde está a meta desta marabillosa etapa.  

     Juan Ramón Vidal Romaní, o mellor xeólogo galego, afirma nunha entrevista que as formacións xeolóxicas que todo galego debe coñecer son o Pregue do Courel, que representa o que saíu das augas do gran choque de placas de hai 350 millóns de anos, o dique de cuarzo do Pico Sacro, que representa a soldadura entre os continentes de Gondwana e Laurrusia, o monte Pindo, que corresponde aos magmas que deron consistencia a Galicia despois do Gran choque de placas, e o Cabo Ortegal, que el denomina a cicatriz da rotura que separou Galicia de Norteamérica hai douscentos millóns de anos.

murallaLendo esa entrevista, levei unha decepción, e recordei unha historia que conta o filósofo Kostas Axelos para denunciar o desencantamento do mundo que provocan os avances científicos desde que a ciencia substituíu o mito. Dous centauros observan o fillo pequeno mentres xoga nunha praia mediterránea. Entón, o pai vólvese cara á nai e pregúntalle: E agora, quen lles di que son un mito? Foi o que eu pensei sobre os meus montes arousáns paseando por un peirao atlántico. E agora, quen lles di que nin en Galicia son os máis importantes?

7 comentarios en “Montes sagrados

  1. Pois, direiche, que un dos meus rapaces do catecismo, hoxe en día, viste o hábito talar. Polo tanto, meténdome na xerga hípica, penso que che gaño máis que por unha cabeza.
    Agradécense os parabéns pero aínda queda moito por leirar.
    O da amputación das ideas, seguro que estaba aboiado pola testa, despois de telo visto nalgún sitio. Cando algo me gusta queda ahí no reptílico, hasta que rexurde.
    Biquiños, profe.

  2. Prezada Carmen:
    Hai un libro moi recomendable titulado “Viaje alrededor de mi habitación”, de Xabier de Maistre. Acórdome del cada vez que vou a ese punto de Rianxo desde o que podes ver todos os montes que cito no texto. Faime graza esa elipse imaxinaria que forman e os perfís tan distintos que teñen. Pero non son marabillosos en si mesmos, que diría o noso querido Kant, senón na miña mente. Xa ves. Podo contemplar todas esas marabillas sen saír … da miña cabeciña.
    As etapas son imaxinarias e reais. Teño subido en bicicleta ao Lioira, á Muralla e ao Castro. E ao monte Pena, que esquecín citar. Iso que é o monte que máis visito.
    Alédame que lle che guste máis Axelos polo meu amigo Lobato. Sempre me reprocha que dixese un día nunha charla que me gustaba máis a explicación científica do Pico Sacro que a lendaria. Non é precioso iso de que é o dique de cuarzo que representa a soldadura entre os continentes de Gondwana e Laurrusia? Hai algunha lenda que o supere? Eu creo que non.
    Apertas rianxeiras

  3. Prezada Magdalena:
    Primeiro de todo, parabéns por ese galego. Vese que o tomas con interese.
    Segundo: creo que a miña contestación foi un tanto escura, e non viña moito a conto, pero eu podería dicir o mesmo das túas brillantes respostas. Amputánme as ideas. Así que benvida ao gremio.
    Xa temos outra coincidencia máis. Eu tamén fun catequista na igrexa de Rianxo aos meus catorce anos. E cando menos un daqueles rapaces que estaba baixo a miña tutela segue indo a misa regularmente. Non sei se ti podes dicir o mesmo. Non che sairían todos agnósticos?
    Non vou cobrarche dereitos de autor pola miña visión mítica pero depende moito de ter nacido en Rianxo. Ti cres que eu podería ver Palmeira como a ves ti? Xa o dixen aquí unha vez. Cando digo que Rianxo é o lugar máis bonito do mundo, créoo compatible con que ti digas Palmeira é o lugar máis bonito do mundo. A que non hai contradición ninguna?
    Apertas rianxeiras

  4. Meterse ó mar con profesores de filosofía… Eu debo de ser masoquista porque, ó ler as tuas respostas a min xa se me amputan as ideas.
    Fun catequista durante dez anos, e efectivamente en esa época ó meu libro de cabeceira foi a Biblia. Ahora teño unha que se chama “Ética del desorden” recoméndocha, paga a pena, e moi boa.
    De todas maneiras, cando suba a todos eses montes usurparei a tua visión mítica para que ese desencantamento non teña lugar. eu quero ser coma a Emperatriz Sísí, que era moi positiva, non quero ser coma Pío Nono, que era moi negativo. Así con esa perspectiva, con toda a seguridade, o meu sentido da visión tera a capacidade de ver eses montes coma os mellores existentes da galaxia.
    Moitos biquiños, e ahora entretente en subliñar cada falta ortográfica.

  5. Se vas visitar eses montes, recorda que son os máis importantes do mundo desde
    unha visión mítica persoal. E que, se non compartes esa visión, podes padecer un gran desencantamento, e non precisamente científico. Ti poderás entenderme
    perfectamente xa que supoño que a Biblia é, para ti, o “libro máis importante do mundo” (diluvio incluído), e tamén é froito dunha visión mítica persoal que, por moito que coincida coa de bastantes máis persoas que a miña, non por iso é máis digna, nin estatisticamente probable.
    Apertas

  6. Querido profesor:

    No me digas que sin salir de Rianxo puedes contemplar todas esas maravillas… Desde mi terracita de Palmeira tengo una bella panorámica de los montes del otro lado de la ría -entre ellos el Lobería-, pero para contemplar todo lo qué mencionas habría que subir al mirador de A Curota. El próximo verano no me queda otra que volver a Rianxo y mirar más allá de mis narices: cuando estuve no alcancé a ver más que las bellezas internas sin percatarme del entorno.
    Observo que tus etapas ciclistas son imaginarias. Tengo una hija -y su marido- que sacan el tiempo de donde pueden para recorrer España en bicicleta. No les arredra subir montañas con la bici a cuestas, si es preciso. Por cierto que el otro día preguntaba -por el wassap familiar- si conocíamos algún sistema para amortiguar los efectos nocivos del sillín en el trasero. Recordé entonces que en cierta ocasión alguien en este blog -seguramente tú mismo- mostraba un remedio para estos casos. Poco efectivo, si mal no recuerdo. También lo aplicaron sin resultado.
    ¡Menuda lección de geología nos habéis dado entre profesor y alumna! Es una delicia leeros. Siento que el día no disponga de más horas para poder dedicar el tiempo requerido a vuestros estupendos trabajos. Pero son tantas las aventuras en las que ando metida que el tiempo no me llega a nada.
    Entre Vidal Romaní y Kostas Axelos, me quedo con la mirada menos realista del segundo. ¡Qué sería de una religión sin mito…! Por ejemplo.
    Un abrazo compartido.

  7. ¡ Cuán difícil me lo ponéis, querido profesor ! De todos esos lugares que has nombrado, no conozco nada más que la Curota. Tengo pendiente la visita al Pico Sacro, pero será entrada la primavera si Dios lo quiere. Ahora, habrá que ampliar el recorrido por todas esas distintas formaciones geológicas que con tanto interés denominas las mejores del mundo. Estuve muchos años sin poder ver el horizonte (exceptuando el mes de vacaciones) rodeada de esa cadena montañosa Pirenaica, y siempre sentí morriña por el mar, pero como ahora tengo las dos cosas, no será un sacrificio conocerlas. Por cierto, desde la Curota la panorámica es excepcional y esa lejana raya unida al espejo del mar besando el cielo, espectacular.
    El otro día leí una noticia que ocurrió en 1883. “Así llegó a Galicia el tsunami del volcán Krakatoa”. Por lo visto, en Indonesia ese volcán explosionó y los restos de esa catástrofe llegaron a Galicia provocando instantáneamente la evaporación del agua de las rías. Contaba Eduardo Rolland, que la detonación se escuchó en Australia y en islas a 4.800 kilómetros de distancia. Los periódicos de la época cuentan que dos días después del cataclismo, desde las primeras horas de la mañana hasta las 12 del medio día, hubo un flujo y reflujo constante, la marea subía desmedidamente para volver a bajar de un modo vertiginoso. Esto provocó un gran pánico que aseguraban los marineros no haber visto jamás un caso igual. La gente se cobijaba en las iglesias convencida de la llegada del Apocalipsis.
    ¿ A que viene ahora esta noticia ? Pues al leer tu artículo pensé que siempre tendremos ahí al monte Lobeira, el Xiabre, el Lioira, el Pico Muralla, Castro Barbudo y la Curota para guarecernos de un tsunami mal intencionado.
    Y como sabes tantas historias, incluso de centauros, acabo con una pregunta: – Cuándo fue el Diluvio Universal, los peces que no estaban en el arca debieron morir ahogados, ¿ verdad ?
    Moitos biquiños, querido profesor.

Deixa una resposta a carmen gonzález Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>