Alejandro Rodríguez Cadarso, o reitor de Compostela

Rodríguez Cadarso_01Pastor Rodríguez. Nado en Noia o 21 de agosto de 1887, pola súa data de nacemento pertence a unha ilustre xeración que no Barbanza deu intelectuais como Castelao, García Martí, Lustres Rivas ou Fernández Mato. Estudante de bacharelato en Compostela, ingresa na Facultade de Medicina desa cidade en 1903, licenciándose en 1908 e especializándose en Anatomía. Os estudos de doutoramento realizounos en Madrid, onde leu a tese “Mastoiditis y trepanación”. Dende 1909 traballou na universidade de Santiago e en 1916 gaña a cátedra de Técnica Anatómica da universidade de Sevilla, pero ese mesmo ano pasa a Compostela, á cátedra de Anatomía Descritiva e Embrioloxía ata a súa morte nun accidente de automóbil en 1933. Reitor da universidade compostelá dende marzo de 1930, foi un anovador ao que se lle deberon iniciativas como a Residencia de Estudantes, o Instituto de Estudos Rexionais e as Xornadas Médicas Galegas. Colaborou coas Misións Pedagóxicas, foi deputado nas Cortes Constituíntes de 1931 e reelixido nas lexislativas dese mesmo ano pola O.R.G.A. Todos os partidos políticos manifestaron as súas condolencias no Congreso dos Deputados o 21 de decembro de 1933 e a Academia de Ciências de Lisboa, coa que Cadarso, como científico, colaborou en revistas como Clínica y Laboratorio con traballos como “Notable anomalía del plexo sacro” (1910), e “Sobre el canal de torsión del húmero y algunos datos de contribución al estudio del radio” (1911), en Galicia Médica; “Ganglio linfático aberrante en la cara posterior del antebrazo” (1914), en Archivos d’Anatomie, d’Histologie et d’Embriologie, entre outras revistas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *