Os coros da novena, de Fidel Vidal

o andel imaxeAntón Riveiro Coello. Na súa anterior novela, Un asasino felizmente casado, Fidel Vidal xa nos adiantaba o seu talento narrativo e puña o foco sobre dous seres feridos, deitándoos no diván para que nos falasen con franqueza da súa dor, dos conflitos familiares, dos medos, do amor e, sobre todo, da enfermidade e da morte. Nesta nova entrega, Os coros da novena, o autor non se afasta dese camiño e volve situar o lector no mesmo cerne dunha traxedia familiar, con personaxes nada compracentes e duros, porque na escrita do escritor de Ribeira sempre aparece a poderosa sombra do especialista médico que converte en material narrativo unha parte importante da súa experiencia clínica. E é precisamente esa capacidade de entregar a intimidade allea e convertela nun exorcismo, nunha enxurrada de sentimentos e emocións, a que fai que os personaxes dos seus libros teñan unha fortaleza e unha potencia inéditas. Así, nesta interesante novela, asistimos co peito encollido á representación desas vidas ás que o autor lles tira as máscaras e as deixa espidas nunha novela circular onde a música expresa un ton escuro e sostido, como a colérica sinceridade das súas voces brutais que nos arrepían, pero que ficarán para sempre na nosa memoria.

Os coros da novena

Espiral Maior

210 páx.

3 comentarios en “Os coros da novena, de Fidel Vidal

  1. Querida Magdalena: Alégrame saber que che gustou o libro de Fidel. As súas historias e os seus personaxes son tan potentes como reais e duros. E, con respecto ao de boa persoa, non che vou levar a contraria. Grande Fidel. Bicos

    1. As miñas avoas estarían celosas de volos dous, meus queridos amig@s Magdalena e Antón. Quedo moi agradecido pola vosa xenerosidade e amizade.
      Apertas e que cante o merlo!

  2. Querido Antón: hace unos días que acabé de leer la novela de Fidel. Ciertamente es dura. Sabe reflejar a la perfección (para bien o para mal) la calidad humana de cada uno de los personajes, incluso, eligiendo tan apropiadamente los nombres de cada uno de ellos. Me ha parecido un espléndido libro, muy recomendable, sin duda.
    Fidel, es un ser polifacético, y tan prolífico en su trayectoria, como Beethoven en la suya. Mal que le pese, es una buena persona.
    Unha novena de bicos compartidos con Fidel, Antón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *