Freud / Hamlet: o desexo

911866-MLA26951020449_032018-OFidel Vidal. “O destino fatal e o oráculo non eran senón [en Edipo] as materializacións da necesidade interior que o heroe pecara sen sabelo e contra os seus propósitos era, evidentemente, a expresión correcta da natureza inconsciente das súas aspiracións criminais. (…) Hamlet enfróntase á tarefa de vingar en outro os dous crimes que constitúen o contido da aspiración do Edipo; iso volve posible que o seu propio, escuro, sentimento de culpa lle paralice o brazo.” (Freud)

Freud, vítima da súa “neurose”, recoñécese en Hamlet e identifícase con Shakespeare, que escribe a súa peza un ano despois da morte do pai, así coma el, Freud, iniciara a súa autoanálise un ano despois da morte do seu. E vai máis lonxe ao identificarse con Edipo, o aventureiro da verdade enfrontándose e asumindo un outro descoñecido que hai nel: “O criminal que persigo, son eu”.

O drama do desexo: ese é o drama de Hamlet. E o duplo drama de Gertrudis, a súa nai. Cal é o obxecto do desexo de Hamlet? O desexo é o desexo do Outro. De igual forma o obxecto do desexo. Hai obxectos dignos de desexo? Non existen obxectos de desexo, nin dignos nin indignos. Só hai suxeitos que desexan.

freud310O feito de que Hamlet e Edipo compartan crime e incesto dá dereito a Freud para interpretar a Hamlet como un Edipo moderno, moldeado pola cultura. Edipo é a traxedia da realización do desexo. Lacan, en O desexo e a súa interpretación, retruca: “Pero o home non está simplemente posuído polo desexo senón que terá que dar con el esforzándose e á súa costa. Hamlet é a conquista do desexo”.

A diferenza entre Freud e Lacan respecto de Hamlet consiste no feito de que para Freud, Hamlet é un Edipo moderno: Hamlet non pode matar a Claudio porque el mesmo está identificado no asasino do seu pai. Lacan cuestiona con xenial sinxeleza a interpretación freudiana tantos anos admitida. Se Hamlet fose Edipo non habería motivo para non matar a Claudio. Pola contra, matar a quen matou o seu pai sería unha resolución impecable: substituír o rival, ocupar o seu lugar a carón da nai e cumprir coa consigna do pai, quedando ademais, libre de culpa.

2 comentarios en “Freud / Hamlet: o desexo

  1. O oráculo, miña atenta Magdalena, non demanda, o oráculo responde a aquel que pregunta. E a pregunta leva implícita a resposta. De maneira que sobran pitonisas, se ben sempre estiveron aí, mesmo usando os medios de comunicación máis modernos. Baste con ver a televisión a determinadas horas da noite. Ante a angustia o ser humano vai botar man da ciencia ao tempo que lle pon unha vela a un santo.
    Non coñecía esa historia de Voltaire. Sexa como sexa, nin ti nin eu estamos, estivemos nin estaremos en pecado. Estou certo.
    Pasamos o día da Letras galegas, como todos o anos que podemos, en Compostela. Cantidade de xente, moitos nenos, mozas e mozos. Unha verdadeira festa. María Victoria Moreno, para a nosa vergoña, é un exemplo do que debería ser para calquera galego ou galega. Unha estremeña que, como reza nos carteis, di: “A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor”. Pois iso: fagamos nosa esa historia de amor.
    A MIRADA CINICA DA RIMA.
    Saúde e bicos e palabras de amor e ledicia nos corazóns e polbo á feira e xoubas afogadas.

  2. Querido Fidel: Si el destino era cumplir lo que el oráculo demandaba, Edipo en ese caso era simplemente la víctima propiciatoria de tal exigencia. El oráculo reclamaba una profecía a cumplir, un cabeza de turco para dicho pronóstico, asesino y víctima al mismo tiempo.
    Hay una novela de Voltaire, “El ingenuo” que encerrado en una cárcel con un jansenista, éste le pregunta qué piensa sobre el alma. – Nada – le respondió el Ingenuo – Si algo pienso es que nos hallamos bajo el poder de un Ser Eterno, igual que los astros y los elementos; que Él lo hace todo en nosotros.
    -Pero hijo mío, eso es hacer a Dios autor del pecado.
    – Pero, padre, -contestó el Ingenuo – vuestra gracia hace a Dios autor del pecado igualmente, porque todos aquellos a quienes niega su gracia pecan, y el que nos entrega al mal ¿ no es el autor del mal?

    Si el oráculo, guardaba ese destino fatal para Edipo, ¿ quién era el autor del mal ?
    OÍ LO DE MAMÁ : ME DOLIÓ
    Saude e bo día das letras galegas. Un bico, Fidel.

    Galicia verde e frorida,
    terra de brisas e sol,
    ti foras seica o curruncho
    máis doce pr’o meu amor. ( María Victoria Moreno)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *