Unha cuestión de alturas

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. Sempre me fixen eco daquela máxima anarquista, que as categorías son como as lacenas, canto máis altas máis inútiles, pero estaba equivocado. E para proba, aí tendes que as oficinas de dirección de calquera empresa están no piso máis alto posible, mentres que no soto fica o almacén dos aparellos de limpeza. Tanto de vasoiras como de maquinaria racha-documentos. Aínda que estas non sempre funcionen ben. Por outro lado, a pesar do molesto que pode ser, encántame subir a unha escada para ver o que se garda entre as mantas de inverno do andel superior dos armarios. Non sei por que, pero alí arriba sempre aparece algunha cousa rara ou dada por perdida, cuxa recuperación tanto nos pode afundir na desesperación como animarnos a dar saltos de alegría. E para demostrar a equivocación daquela máxima, aí está o feito real de que por gravidade todo o lixo cae sempre nas capas inferiores, canto máis abaixo máis lixo. Ou ó revés. E dos aparellos pásase ás persoas, ó asunto ese de vivir no andel máis alto dun edificio, ou sexa, no último piso, tantas veces recoñecido como de valor social, tanto polas vistas como porque a contaminación a ras de chan, sonora ou de gases pesados, non chegue tan arriba, onde a xordeira ós lamentos dos peóns é de natureza xenética entre os seus moradores. Xa o dicía Rosalía, «de tan alto que estaba o bon Deus non me oía».

O caso é que acabo de saber dun estudio da Universidade de Miami (os americanos sempre dando a nota) no que se corrobora experimentalmente isto que, máis ou menos, sabiamos por pura intuición, que os ocupantes das oficinas máis altas non lles preocupa correr riscos financeiros mentres os do soto lle rezan a todos os deuses para que aqueles teñan cabeciña. Anque, falando de aventuras vitais, estes días saía na prensa un tipo que, vivindo nunha choupana, arriscábase da maneira máis absurda a conducir un coche sen carné e en dirección contraria mentres recollía chatarra.

Claro que o estudio americano fala de financeiros que xogan con cartos alleos e a noticia galega refírese a un chatarreiro con necesidades primarias, e o nivel económico e social de ambos non ten comparación. Hai quen se aventura por necesidade, quen o fai por gusto, e quen por puro afán presuntuoso. E nisto tamén funcionan os andeis como base do seu establecemento: os primeiros abaixo, os segundos arriba e os outros correndo arriba e abaixo ata atopar o seu sitio.

oficinaTal vez o mellor deste experimento dos americanos para valorar o comportamento da persoa segundo estea arriba ou abaixo, foi meter ós suxeitos da análise nun ascensor e comprobar que cando ían por encima do piso setenta eran máis propensos a arriscar nun xogo de lotería ca cando ían polos baixos. Supoño que se este estudio chega ás casas de apostas non tardarán en poñer os seus despachos nos faiados. Con escadas mecánicas para facilitar o acceso, pero nos faiados.

Tras tal proba empírica quédame a dúbida de se cando vaia facer a declaración da renda hei de procurar un asesor que teña a oficina a cen metros sobre o chan ou a quen a teña a cen metros baixo terra.

 

Un comentario en “Unha cuestión de alturas

  1. Sí, tienes razón, incluso el físico y matemático griego, pidió un punto de apoyo para aupar al mundo y no quedarse abajo, y si Esquilo estuviera en las oficinas de un rascacielos, no hubiese muerto de un tortugazo que le lanzó el quebrantahuesos desde la alta alacena.

    Querido Francisco; espero y deseo, que acojas mis bromas como tal, pero yo sí, considero que muchas veces las jerarquías son como las estanterías, cuanto más altas están, menos sirven, y que muchas de esas personas que llegan a alcanzar las oficinas con vistas al cielo, son como los alfileres: sus cabezas no son lo más importante.
    Besiños desde nuestra Palmeira, querido vecino.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *