Dez sentimentos clave, de Carlos Gurméndez

34532641_061251Fidel Vidal. Carlos Gurméndez (1916-1997), filósofo ligado a Galicia, á comarca do Barbanza, particularmente a Rianxo e Rafael Dieste, autor recordado por O segredo da alienación  ou Crítica da paixón pura, durante a súa estancia en París relacionouse con Jean-Paul Sartre e Simone de Beauvoir. Nesta obra, Dez sentimentos clave (FCE, 1997), ábrense as portas á reflexión e mesmo -como quen acaricia e modula os conceptos- ao gozo doutros tantos tons que nos mergullan nos alicerces emocionais da psique humana. Un libriño inspirado e inspirador que vai batendo teclas, desde o Amor ao Odio e da Tenrura até a Melancolía.      

Quietude, é o sentimento básico, primario, elemental, e ao mesmo tempo frutífero, porque o gozo contemplativo dos sentidos abre a sensibilidade e entrégase ao que existe. “Como son suxeito, non podo ser obxectivo”(José Bergamín). A Inquietude nace do desasosego da quietude. A Tenrura, non ten afán de dominar a Natureza, algo máis propio do pensamento técnico científico, e “limítase a unha desinteresada contemplación de canto hai nela. Neste sentido, a tenrura orixina a arte”. Podemos definila como un sentimento tranquilo que nos fai delicados, propensos a conmovernos facilmente. Compréndese que o amor é a tenrura suprema. Dela nace o afecto polos outros que se nos acercan e penetran na nosa intimidade.

Na súa concentración reflexiva, a Tristeza pensa, “é un sentimento para comprender, e sentimentaliza o pensamento para encarnalo e realizalo”. Deambular polas rúas “orixina un tipo de tristeza: o tedio”, en referencia a Walter Benjamin, que “busca innovar a visión, recreala na suxestión mirífica dos escaparates”.FM1366 En Passagen-Werk, obra inacabada, Benjamin “analiza maxistralmente a transformación do paseante, tristemente ocioso, en persoa ávida de atopar abraiantes encantos nas mercancías”. Unha forma de tristeza invencible que se “enseñora da alma” é a Nostalxia, a tratar noutra achega. O pracer causa Alegría, como “interiorización e entendemento das vivencias”, da que hai dous tipos: egoísta ou conservadora, e comunicativa ou compartida. Pola contra, a Melancolía é definido como un estado psíquico de abatemento e case total desinterese polo mundo exterior.

O Amor ten as súas raíces na vida diaria, “un contacto das mans, un sorriso…” Amar é una opción que enfronta a dramáticos dilemas. “En principio témese amar porque é unha doazón de si, ou negación propia para encontrar a plenitude de ser. Se non somos correspondidos, caemos no baleiro, na desesperación polo finito, na nada”. Ocorre tamén que amamos e somos correspondidos, “entón séntese unha exaltada harmonía” (Os dilemas do amor, El País, 1-XII-1995). O Desamor pode causalo “o illamento a que obriga unha sociedade atomizada, egocéntrica. Fastío dunha relación que xera indiferenza”. O Odio deriva da ansia de posesión, da ansia que separa e, á vez, une. “Atrevémonos dicir que estamos condenados a odiar amando”.                 

2 comentarios en “Dez sentimentos clave, de Carlos Gurméndez

  1. Casualidades na ilustración das portadas, querida e atenta Magdalena. Esta, do cadro de Vermeer, pagaría a pena mesmo nunha obra sobre algas mariñas. Carlos Gurméndez é un dos nosos autores coido que inxustamente esquecidos. Nesta “obriña” (polo número de páxinas) aborda os concepto de maneira que se fai comprender en tanto coindicidimos na vivencia. Unha mágoa, e penso n’ O segredo da alienación, como unha (para min) das máis interesantes do autor.
    Saúde e boas lecturas, mesmo en desharmonía.

  2. Buenos días, querido Fidel:
    El año pasado, en mayo, tuve que estar unos días en Santiago y llevé un par de libros conmigo. Cuando acabé de leerlos me fui andando hasta la librería Follas vellas (allí siempre hay libros asequibles a todos los bolsillos), y tuve en la mano, “Diez sentimientos clave”, de Carlos Gúrmendez, porque me llamó la atención la portada. Era la misma de la de La chica de la perla, de la novela de Tracy Chevalier y sacada del precioso cuadro de Vermeer. Le pregunté al librero porqué aquel libro tenía la misma portada del de “La chica de la perla” y se quedó mirándolo y me dijo que no lo sabía. Al final opté por comprarme uno de Morris West. Una verdadera lástima, cuando vuelva a Santiago miraré si aún continúa en las estanterías, por lo que tú dices de él, Fidel, veo que es un libro muy interesante y reflexivo.

    Referente a las últimas líneas “O Amor” y “O Desamor”, tu sabes muy bien que es realmente difícil establecer una armonía en la vida; siempre uno ama más que el otro, pero eso, hay que trabajarlo para no caer en ese vacío, y al final puede alcanzarse esa armonía.
    Besiños palmeiráns, Fidel.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>