Lances dun busto

Valle-Inclán a tombosPastor Rodríguez. A fotografía é de 1969 e a pétrea efixie do creador do esperpento está humildemente pegada ao chan da Curotiña con cemento. No camiño perdeu o pedestal, e antes foi expulsada dos xardíns de Pontevedra, onde se atopaba dende 1936. O alcalde da boa vila pontevedresa, Juan Argenti, non gustaba do autor das Sonata,s e quizais tampouco do creador deste busto primitivista, neorrománico, Benito Prieto Coussent, quen estivera ao estoupar a guerra no cárcere. E así agasallou a Pobra en 1954 coa estatua, que chegou a esa vila por mar, e que estivo tirada  a carón da lonxa vella ata 1960. En 1966 un alcalde pobrense, Atilano Lamas, trasladouna xunto ao grupo escolar Fernández Varela, e  en 1967 ao monte Curotiña, onde consideraba o seu fillo Carlos que non sería molestada por ninguén. Pero no camiño perdeu o pedestal, e dadas as protestas na prensa da época, o alcalde tivo que investigar e acabou por descubrir que o anterior mandatario mandara a uns canteiros partir as dúas pedras que formaban a base para empregalas na súa industria. O escándalo foi maiúsculo, pero non acabaron aí os lances da efixie de Valle-Inclán, pois do mesmo monte Curotiña foi derrubada a estatua unha noite e chimpada entre os toxos. De aí que houbese que asegurala de novo con cemento, que é o que amosa a fotografía que reproduciu a revista Triunfo, que sinalaba que “estas cousas nin se rouban coma os reloxos nin se perden. Nin sequera nas películas de Berlanga”, para concluír axeitadamente que “quen, en definitiva queda sen pedestal somos nós, os españois”, e que “o monumento a Valle no alto da Curotiña non sexa motivo de vergoña para ninguén”.

2 comentarios en “Lances dun busto

  1. Querido Pastor:
    Yo tampoco estaba al tanto de los avatares por los que pasó la estatua del más insigne escritor gallego. Ni siquiera sabía de su existencia. De haber leído tu artículo antes de regresar a Madrid, hubiese subido a la Curotiña a contemplarla.
    No soporto a las personas que, aprovechándose de una autoridad coyuntural, destruyen todo lo que no es afín a sus gustos o tendencias; aunque se trate de una obra de arte o de algo que tiene un significado cultural e histórico.
    No sé si el busto es primitivista; pero impresionante debe de serlo: aun en foto, transmite la esencia del escritor. Espero poder admirarlo en mi próxima estancia por esos lares.
    Acabo de llegar de Palmeira con mucha pena por tener que dejar ese bello rincón de la ría arosana -todavía ando buscando acomodo al equipaje- y, antes de irme a la cama, no he podido frenar el impulso de venir a echar un vistazo al ordenador; puesto que el portátil andaba renqueante y se quedó en la estacada hace días.
    Un abrazo.

  2. Desconocía la odisea de la pétrea figura de nuestro don Ramón María; él, escribió una trilogía llamada “Comedias bárbaras”, título muy significativo con la proeza que tú nos cuentas que han hecho esos insensatos, Pastor. Bueno, tal vez les sobre la primera palabra del título, más bien le encaja, bufonadas bárbaras.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>