Un libro sobre Mandela no centenario do seu nacemento

portada mandela.inddPilar Sampedro. Factoría K publica Nelson Mandela. O camiño cara á liberdade da autoría de Antonio Lozano e traducido por Ramón Nicolás. Antonio Lozano xa conta con outro texto traducido á nosa lingua, Eu son Suleimán. Unha boa novela que trata dos traballos dun rapaz africano que chega ao noso país despois de mil vicisitudes, pero non para acadar o paraíso senón para volver ao punto de partida ao que o devolven no final do relato. Unha historia triste da que semella ter caído a esperanza. Unha narración que se converteu nunha obra teatral moi representada en Canarias. Agora, volve a África para contar a historia de Mandela a través do relato dun mozo que vén sendo o seu bisneto. Un rapaz que se enfronta ao pai para recuperar a avoa que vive no lugar onde se garda a memoria de Madiba e, ao tempo que recobra a infancia, vai entrando na vida do home máis importante de Sudáfrica. O home que pasou calamidades por centos pero logrou acaban co apartheid, o que sae do cárcere para converterse en presidente do goberno e está na vangarda dunha loita que ten moito de pacifismo e valores éticos.

Diso trata o libro, deses valores de respecto ao outro e á outra e de como o diálogo cos demais nos axuda a comprender o mundo e comprendernos nós. Trata tamén desas ensinanzas que hai que lembrar pois non todos saben do papel dos seguidores de Gandi e os comunistas na loita man a man cos militantes do Congreso Nacional Africano.

A min gústame lembrar aqueles anos nos que o mundo non foi alleo a esta loita, e en Glasgow pasaron a poñerlle o nome de Mandela á rúa onde estaba o consulado de Sudáfrica para que cada carta que chegaba lles lembrase a quen tiñan na cadea contra a opinión de Occidente.

Volveremos ver eses actos de solidariedade algunha vez?

Canta falla están a facer!

Esas son as boas noticias que quixeramos ler nos xornais.

Un comentario en “Un libro sobre Mandela no centenario do seu nacemento

  1. Buenos días, Pilar:
    Leo tu comentario muy apresuradamente pues salgo dentro de un rato para Santiago. Me encantará leer el libro de Antonio Lozano, pues todo lo relacionado con Madiba me entusiasma. La película “Invictus” es una preciosidad, supongo que también la habrás visto, de lo contrario, te la recomiendo.
    Buscaré el libro.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *