Buñuel, poeta

69453257Fidel Vidal. Jean-Claude Carrière, no Limiar aos Escritos de Luis Buñuel (Páginas de Espuma, 2000), di que Buñuel era “home de silencios, de meditación”. Gustaba de vivir, xogar, improvisar, contar historias, mesmo “ás veces a mesma historia varias veces no mesmo día, pero con sutís variacións”. O cine, dicía, é un encargado de vestiario que pregunta polos zapatos que deben ir na escena do baúl, e o director de cine é aquel que non pode permitirse responder: “Non o sei” ou “Non me importa”. Sempre se mantivo a distancia da escritura, se ben participou no seu magnífico libro Mi último suspiro. Buñuel, agás nalgunhas excepcións, non escribía os seus guións. Só anotaba ocorrencias. O traballo quedaba destinado ao seu guionista. Jean-Claude Carrière foino durante dezaoito anos, e como tal era o encargado de lle “dar forma, pola noite, aos apuntamentos con frecuencia desordenados, incluso incoherentes, tomados durante as improvisacións do día”.

Nestes  Escritos recóllense proxectos de películas, obras de teatro, críticas de novelas ou de actores, como tamén, e menos coñecidos, poemas de xuventude dos tempos da Residencia de Estudantes. Unha demostración e un aperitivo do que máis adiante, de forma maxistral, serán moitas das súas películas: a verdadeira expresión do auténtico surrealismo.

En cada pinga un peixiño/ en cada peixiño un dente de ouro/ en cada dente de ouro un sorriso de quince anos,/ para que se reproduzan as libélulas/   

É inocente unha doncela/ cando o vento lle levanta as saias e descubre as coxas?

(“Ao meternos no leito”)

20080413155040-luis-bunuel-disparo-de-nieve-1-Pido perdón ao concederme libre licenza para traducir os fragmentos amosados dos seus poemas. Estes van evocarnos imaxes contempladas na pantalla. No entanto imos responder algunha das preguntas propostas por Buñuel nos seus versos sen dificultade. El mesmo afirma que son preguntas fáciles. Das apuntadas embaixo coido que a máis fácil é a segunda: exactamente hai 1.230.424 corcheas nun tenorio, ou o que é o mesmo, en dous tenorios habería 2.460.848 corcheas. Fácil.

Cantos maristas caben nunha pasarela?/ Catro ou cinco?/ Cantas corcheas ten un tenorio?/ 1.230.424/ Estas preguntas son fáciles. (…) Saben cantar os policías?/ Os hipopótamos son felices?/ Os pederastas son mariñeiros? Estas preguntas tamén son fáciles. (De “O arco da vella e a cataplasma”)

Do número de maristas que caben nunha pasarela non o vexo tan claro. Nin catro nin cinco. En certa ocasión eu cheguei contar dúas ducias. Talvez Luis Buñuel ese día do repaso non estivese atento. O que resulta indiscutible –e de aí a evidencia da gran facilidade- é que estamos a facer as preguntas das que, de antemán, xa sabemos as respostas.

 

2 comentarios en “Buñuel, poeta

  1. Decoñezo, atenta Magdalena, quen foi ese director de ‘penículas’ galego. Pero non podo senón lembrarme doutro grandísimo director e productor galego, morto no exilio en México, como foi o ourensán Carlos Velo. Coñeceu a Lorca e Buñuel nas sesións de cine que se daban na Residencia de Estudantes. Cóntase que foi quen suministrou as formigas para a película ‘Un can andaluz’ de Buñuel. Na súa filmografía hai toda unha serie de reportaxes e cintas de moito mérito, algunha delas con importantes premios. Se mal non recordo, ademais duns formidables documentais sobre México e os murais de Diego Rivera (el era amigo de Siqueiros, outro gran muralista), realizou unha versión do Pedro Páramo do meu admirado Juan Rulfo. Carlos Velo é un autor que non deberíamos esquecer. Un pracer, Magdalena.
    A PENICULA LUCIN EPA!

  2. Buenos días querido Fidel:
    Hace un rato que estoy tratando de recordar a un director de cine gallego, que como Buñuel también era amigo de silencios; era semianalfabeto pero un magnífico director y productor de cine. No sabía decir película, le llamaba “penícula”. Un día uno de su equipo le dijo: Don (…) es una vergüenza que un director de su talla diga “penícula” en lugar de película, esfuércese un poquito que usted puede conseguirlo, solamente es cuestión de grafía, cambiar una letra de lugar. Y el magnífico director hizo caso de su subalterno y en unas semanas de terapia del lenguaje, aprendió a decir película.
    Pasado algún tiempo, el mencionado director, ¿mencionado? bueno, el director sin nombre recordado pero presente en el recuerdo, llamó a su auxiliar y le dijo: Tanto como me costó aprender a decir película, y ahora le llaman “flim”.
    Una pintada en un muro decía esto:
    “Cuando teníamos las respuestas nos cambiaron las preguntas”.
    NO TRACES EN ESE CARTÓN
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>