Gonzalo Trasbach. Sentado na d’O Beiro, Lato Saltamuros de Corea mira e escoita como na televisión, tal coma nun galiñeiro, discuten sobre a candente noticia da espionaxe aos independentistas cataláns e incluso ao goberno de España. E ao mesmo tempo pensaba para si mesmo: <Nós tamén fomos espiados…>. Nese intre entrou no bar Venancio o Ruso de A Feosa, que sentou na cadeira do lado e soltou de medio lado: <Estás só?>. <Non. Estaba recordando, estaba cos meus recordos…>, intentou dicir o de Corea, mais o Ruso cortouno cun <e logo que recordabas?>. <Se me deixas explícocho nun minuto. Lembraba que cando era estudante tamén nós fomos espiados…>. Seguir lendo A nós tamén nos espiaban
A memoria da historia e as historias da memoria (I)
Pilar Sampedro. O título dá voltas ao redor de dúas palabras: memoria e historia, para rematar uníndoas en memoria histórica. Trátase de falar desta nos libros de ficción dirixidos á mocidade, especialmente.
Cando falamos de memoria histórica estamos a referirnos a ese período que comprende o golpe de estado de 1936, a guerra e a posguerra, un tempo do que se acostuma falar pouco nas clases de Historia, porque estarían ao final do programa ou porque non interesa facelo. Esta, segue a ser unha época pola que pasar na punta dos pés, porque é algo non resolto nin sequera a nivel historiográfico e que continúa creando espullas. Seguir lendo A memoria da historia e as historias da memoria (I)
Fragua íntima
X. Ricardo Losada. Mentres tomo un vermú na terraza da praza da Igrexa en Rianxo, aparece de súbito Pascual, un bo amigo. Dáme un libro, e dime: Compreino o outro día nunha librería de vello en Madrid. Non o coñecía. É A fragua íntima de Rafael Dieste, un libro no que Arturo Casas reúne os aforismos que o autor rianxeiro escribiu entre 1926 e 1975. Non llo digo a Pascual (non todo o mundo goza con este tipo de coincidencias), pero o primeiro que penso é que aquela praza chámase oficialmente praza de Rafael Dieste. E non podo evitar desviar a vista un pouco á esquerda do corpo de Pascual e albiscar a casa na que naceu Seguir lendo Fragua íntima
Puntadas de trapo vello
Marina Losada Vicente. Acabo de rematar algo do que me avergoñaría cando era nova. Son agora vella? Vellos son os trapos, non querida? Pois eu hai días que mesmo me sinto así, como un trapo.
Non sentiría vergoña por facelo, que ben está, moi ben, ter iniciativa, senón polo mal que me quedou. E mira que lle puxen empeño. Do un ao dez, cos teus meus ollos de hai vinte anos, a nota sería de menos un. Empurreime en facelo e rematei. Agora podo vestir o pantalón sen medo a ensarillarme cos baixos e romper unha perna, por moito que ti te queixes, con toda a túa soberbia, que xamais reparaches nas dificultades propias dos oitenta anos. Seguir lendo Puntadas de trapo vello