A España abarrotada

51VM2y5J4tLFidel Vidal. Da decena de amigos que volvemos xuntarnos para tomar un café, con fillos e fillas casadas, e netos algúns deles, bastante máis da metade dos seus descendentes non reside no noso país, en Galicia. Uns levan anos no estranxeiro, Reino Unido, Suiza, Estados Unidos, Portugal, incluso México. Outros, a maioría dos restantes, viven e traballan en Madrid. Se antes emigrábase só coa maleta -non esquecemos as de madeira-, hoxe en día, e non son poucos, ademais da maleta van acompañados de títulos superiores, enxeñeiros, médicos, economistas, avogados. Seguir lendo A España abarrotada

A bibliotecaria

Ilustración: Belén Rodríguez Pazo
Ilustración: Belén Rodríguez Pazo

María Xesús Blanco. Hai uns días soñei coa biblioteca da miña infancia. Con aquel lugar ateigado de libros acabados de estrear. Soñei con ela e coa ollada entusiasta da súa bibliotecaria. No soño había nenos e nenas a falar en voz alta e a facer moito rebumbio. Remexían os andeis e amosaban unha grande excitación ao tempo que ollaban e tocaban o que había neles. Dende biosbardos extraviados nun comic de Astérix e Obélix a elementos da táboa periódica conversando ao abeiro dunha fotografía de Marie Curie. E sentada nunha cadeira estaba a bibliotecaria. Cun aceno de perplexidade tentaba minguar o contaxio de tanto alborozo. Eu, mantíñame á marxe, como se estivese a velos a través dunha xanela. Seguir lendo A bibliotecaria

Pai

20201031_182243Ramiro Ouviña O. Dun tempo para aquí viña notando que era chegar onde estaba a familia e cambiar falas e xeitos era todo un. Aínda así, non faltaba a ocasión de recoller aquí e alá palabras soltas, escoitadas dende lonxe ou cando se supoñía que non as podía ouvir, para fiar de que ía a cousa: que se o atoparan pasmado diante do almorzo cando chegaran, xa tarde, da feira Seguir lendo Pai