Fidel Vidal. De cativo chamábame a atención a precisión do barbeiro cortándolle a coroa, a crocha, ao señor cura en forma dun perfecto circo no alto da cabeza. Os curas eran os únicos que se significaban a través dunha marca: a tonsura. Os rapaces íamos só a cortar o pelo co recado das nais para que nolo “cortara ben cortado”, quer dicir, para que durase. Seguir lendo Un corte de pelo
Camiños diverxentes
María Xesús Blanco. Home en bicicleta tentando manter o equilibrio. Instantánea feita o día que non abriron o taller. A pose é natural. Con roupas de traballo e porte atlético. Os beizos parecen contraerse cun xesto que é retrato dun presente oclusivo. Incerto. Mais os ollos miran de fronte retando con vehemencia o futuro. Porque ao futuro hai que plantarlle cara para ganalo co tempo.
Arestora o estómago está baleiro e o sol do mediodía pésalle enriba das costas a Manuel. Pero el mantense ergueito enriba da sela. Temperado. E malia que o agora o importune con outro desafío. Seguir lendo Camiños diverxentes
Comemos con medo?
Francisco Ant. Vidal Blanco. Cóntase que o alcalde coruñés, Alfonso Molina, famoso entre outras cousas polo seu bo saque, acudiu en certa ocasión a un banquete e puxéronlle queixo da Arzúa na sobremesa. Véndoo comer un dos asistentes preguntoulle: ”Don Alfonso, vostede non pela o queixo?”. Ó que el respondeu: “E pela vostede o pan?”. Se fose hoxe, don Alfonso pelaría o queixo, tal e como recomendan as etiquetas, e se non pelaba o pan era porque lle gustaba sentir o crocante estalo da codia. Seguir lendo Comemos con medo?
Viaxe na procura dun sentido ontolóxico
Román Arén. É xa moi firme a traxectoria poética de Gonzalo Hermo, quen, tras Crac e Celebración, edita agora A vida salvaxe, pero o fío que vencella as anteriores entregas segue aínda presente nesta busca do sentido da vida e do paso do tempo que a configura. Unha viaxe a través da escrita na procura dun sentido ontolóxico que é, asemade, persoal e universal. Mais ese transcorrer da vida humana non está só perante o tempo, está tamén a carón da natureza, noutro tempo, antigo e eterno a un tempo. O poemario descoloca o lector ao comezar polo epílogo, que apunta coma unha frecha o sentido profundo do libro: a escoita do atemporal, que, non obstante, se mestura coas experiencias biográficas do eu lírico e coas etapas da Humanidade. Seguir lendo Viaxe na procura dun sentido ontolóxico