X. Ricardo Losada. Leo nun artigo de prensa que as culturas non occidentais xa non fan obxectos decorativos ou artesanías para consumo interno, e moito menos aínda para prácticas rituais, senón para vendérllelos aos turistas. Mágoa. E non só porque implique a perda de moitas tradicións propias, e a mercantilización dun tipo de arte moi peculiar, senón por un problema artístico. Os nativos crean obxectos ou estéticas acordes cos prexuízos que os turistas teñen sobre esas culturas, desvirtuándoas totalmente. Pasa o mesmo coas comidas. Vas a China e non probas a comida que toman os chineses. Tomas a comida chinesa preparada para o gusto occidental. Seguir lendo Un grafite impuro
Futuróloga
Marina Losada Vicente. Sentou no váter. Como acostuma a pasarlle no sofá, e a pesar da situación, o cansazo deu paso a unha plácida soneca. Subindo as escaleiras posteriores, un pequeno habitáculo cun sensor de contacto. A persoa que entra estende a man diante para ser identificada polo sistema. Seguir lendo Futuróloga
A viaxe de Lula
Xerardo AgraFoxo. O seu pai, Arístides, incapaz de alimentar a súa dona, Eurídice, e os sete nenos que tivera en Varzea Comprida, emigrou cara ao sur para darlle saída a unha vida de labrego que só podía fornecer os rapaces con anacos de mandioca mesturada con restos de café frío. Atopou traballo de estibador no peirao de Santos, o punto de saída de São Paulo cara ao mar, onde emparellou con outra muller, por certo, curmá de Eurídice, coa cal tivo catro fillos. Seguir lendo A viaxe de Lula
Joker: retrato da violencia que vén? (II)
Ignacio Castro Rey. O baile dun corpo escuálido, ás veces moi grácil, anuncia a alegría da destrución, punteando a ofensiva que está a tramar o tormento de Arthur. Seguir lendo Joker: retrato da violencia que vén? (II)