Marina Losada Vicente. Saíu da consulta abraiada, esa era a palabra. Non esperaba tal. Cando ía pedir vez na súa perruqueira, mudou de idea. Nunca tal lle pedira e non tiña corpo para dar explicacións. Pensou en chamar a unha curmá que atendía na propia casa, pero o seu rexeitamento da competencia desleal de que exerce nas sombras, impediuno, a pesar de atoparse en horas baixas. Para o último autobús quedaban dúas horas, tempo para que lle fixesen a encomenda en Santiago.
Entrou no primeiro centro de beleza que atopou. Beleza? Ben ao contrario, unha vez rapada. Seguir lendo Calva sobrevida


