Fidel Vidal. “Se non tivese lido as historias de Felisberto Hernández en 1950, hoxe non sería o escritor que son” (Gabriel García Márquez). “O que fai que o xuízo da posteridade sobre o individuo sexa máis xusto que o dos seus contemporáneos, reside na morte. Un non se desenvolve a xeito senón despois de morto…”, di Barthes a propósito de Kafka, segundo lembra a poeta Ida Vitale (Premio Cervantes 2018), que aproveita para subliñar o caso do seu paisano, o uruguaio Felisberto Hernández (1902-1964), escritor capaz de nos dar unha perspectiva “para interpretacións freudianas e aínda lacanianas, que orixinarían quizais rexeites apresurados”. Seguir lendo Felisberto Hernández
O disputado voto da tía Generosa
Moisés Suárez Abel. Máis ou menos igual que hai anos xa describiu Delibes á chegada das inquedanzas democráticas ao rural castelán, andei eu nas semanas pasadas polos currunchos todos da miña vila con sobres e panfletos. Presenteime na lista por unha candidatura ás municipais formada por independentes baixo o, cando menos, ambiguo nome de «Alternativa por…». Eu suxerira chamarlle Alternativa Sintrón, pero de contado afeáronme a conduta por achegarme ao adro político cun carácter tan argallán.Quen coma min inxenuamente parta dun espírito reivindicativo cara ao medio rural enseguida se dá de fociños cunha realidade abraiante. Seguir lendo O disputado voto da tía Generosa
Praga infiel
X. Ricardo Losada. Deixa que outra novela te guíe é o título dun artigo que recomenda viaxar a grandes rutas ou cidades inspiradas pola literatura. O Estocolmo de Millenium, o deserto xordano de Os sete piares da sabedoría, o Comala mexicano de Pedro Páramo, a Praga de A insoportable levidade do ser, o Tokio de Murakami, o sur de Inglaterra de Jane Austen, O Cairo de O calello dos milagres Seguir lendo Praga infiel
Exposicións enriquecidas 2: Persoas de Gabriel Tizón e Patricia Muñoz
Pilar Sampedro. Nunha entrada anterior falabamos de Sonoro empeño. As músicas nas coleccións de Abanca e Afundación e como se ía enriquecendo a exposición con outras iniciativas. No caso ao que nos imos referir hoxe, o complemento é distinto. Trátase da mostra Persoas, que se podía ver na mesma cidade pero, neste caso, nos salóns de Fonseca (dependentes da Universidade). Seguir lendo Exposicións enriquecidas 2: Persoas de Gabriel Tizón e Patricia Muñoz