Antón Riveiro Coello. Sempre desconfiei das enquisas, sobre todo, daquelas relacionadas coa intimidade. Para sermos francos nas respostas tamén precisamos de certa intimidade e anonimato. Cando alguén nos pregunta en directo, o máis normal é finxir e encher o peito de vaidade para soltarmos non o que é senón o que nos gustaría que fose. Seguir lendo As ilusións do sexo
Parolas de esqueletos
Carme Toba. As herbas do camposanto andaban revoltas pola xeada e as ovellas que paceran polo serán. A miúdo, eses corpos quentes cheos de la eran a compaña diúrna de tantas caixas de ósos depositadas baixo os terróns sacros. A noitiña comezaba asomando a orella e o murmurio de cuadrillas de esqueletos imperceptibles polos mortais facían eco nos recantos daquel humilde camposanto. Seguir lendo Parolas de esqueletos
Reformador irreprimible

Francisco Ant. Vidal Blanco. Os que algún día lemos o Siddharta de Hermann Hesse ou simplemente eramos seareiros da serie Kung Fu gardamos unha certa simpatía polas relixións orientais. Só moi recentemente nos preguntamos se a vida conventual deses monxes é tan decorosa como nola presentan, se nese illamento en que viven non existen os odios, as envexas e os abusos que se dan noutras comunidades. Seguir lendo Reformador irreprimible
Do verde como mensaxe
Fidel Vidal. “Verde, verde (…) Entre mim e o verde, a água do ar. A verde água do ar” (Clarice Lispector, A Paixão segundo G. H.). En canto dicimos verde axiña pensamos na herba fresca ou no efebo inmaturo. Mesmo na mirada pícara dun vello verde. Do latín viridis, vigoroso, vivo, mozo, resulta un termo complicado, xa que logo sendo unha cor ligada á serenidade e á esperanza, á boa saúde, tamén está relacionada cos velenos e coa morte. Seguir lendo Do verde como mensaxe