Fidel Vidal. Non son o único que despois de pasada non máis dunha semana fóra da casa, e refírome a estar no estranxeiro, bota de menos a nosa cociña. Seguir lendo Un bisté con patacas
O disparate
X. Ricardo Losada. Di Juan Villoro que o disparate é unha venturosa forma de malentendido e pon como exemplo algúns momentos das conferencias do escritor mexicano Carlos Monsiváis. O auditorio estaba tan predisposto a rir polo ocorrente que era o autor que ría a gargalladas cada vez que non entendía algo. Seguir lendo O disparate
De corpos e espellos
Marina Losada Vicente. Algo rompeu no seu interior a noite que lle espetaches, con total desprezo, que os peitos (dixeches tetas desinchadas) xa non eran o que foran. Esgazou a súa estima, sentíndose un saco de pel gastado. Coas túas mans buscando xa o sexo, co teu apuro, o corpo deixou de ser de carne e óso para converterse nun escuro burato de silencios. A maioría dos baleiros fanse aos poucos. Seguir lendo De corpos e espellos
A cor de Venus
Antonio Piñeiro. Xosé Luís Veiras Manteiga é, con certeza, un dos autores de selo, traxectoria e proposta máis claros do noso eido artístico. É tamén un dos máis intensos e concienciudos laboradores. Dígoo tanto polo seu ritmo coma pola súa erudición. Seguir lendo A cor de Venus