Uxía Casal. Hai pouco recibín efusivas mostras de afecto dunha persoa, algo que non debería sorprender e, de feito, non foi sorpresa o que sentín, pero si abraio cando ollei para atrás e constatei as variadas fases que atravesou a nosa relación ao longo dos anos. Sospeito que non son a única á que lle ocorre deterse a pensar nun momento dado como vai cambiando a vida a medida que pasamos polo tempo, que por moito que coidemos rematada unha angueira, trabucámonos por completo, pois as angueiras transfórmanse, pero non rematan nunca. Seguir lendo Sempre en obras
Galicia e os galegos na poesía castelá LXXV. Laverde Ruiz
Román Arén. O santanderino Gumersindo Laverde Ruiz (1840-1890) foi profesor en Galicia e no noso país editou os seus Ensayos críticos sobre filosofía, literatura e instrucción pública españoles (Lugo, 1968). Moi amigo de Menéndez Pelayo, foi coma el antikrausista, pero foi tamén poeta e en 1951 reuníronse os seus versos nunha Antología. Na súa correspondencia co polígrafo santanderino coma el, hai alusións a Rosalía: “Estoy leyendo Follas Novas de Rosalía Castro de Murguía, gran poetisa y maestra del habla gallega; pero tocada del pesimismo escéptico de Heine y Bécquer, que descorazona”. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXV. Laverde Ruiz
Limiar do Anuario de Estudos do Barbanza 2017
X. Ricardo Losada. Leo nun artigo de Ignacio Echevarría: “Nuestra época, sí, parece plantear la disyuntiva entre la especialización exclusivista, que abonan los circuitos académicos y las dinámicas científicas, y el frívolo picoteo del intelectual mediático, solicitado por y para todo tipo de asuntos, fiado de su ingenio, en efecto, y entregado a su voluptuosidad”. Ao pouco mándame un correo electrónico o imprescindible Manuel Cartea, e recórdame que teño que escribir o limiar para o anuario deste ano. A pesar de que escribín todos os limiares dos anuarios publicados, a miña primeira reacción é volver sentirme un intruso. Seguir lendo Limiar do Anuario de Estudos do Barbanza 2017
Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (IV)
Fidel Vidal. A linguaxe de Mallarmé linda co silencio: “que unha vulgar extensión de palabras, baixo a comprensión da mirada, se ordene, en trazos definitivos, de aí o silencio” (S. M., Fragmentos, p. 37). Trata non coas cousas senón coa linguaxe. O silencio que, por fin, houbese tomado corpo, en expresión de Paul Valéry. Seguir lendo Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (IV)