Fidel Vidal. A natureza non sabe de prohibicións inscritas nunha lei. Os cans, malia a insistencia dos criadores en lles organizar unha xenealoxía, non obedecen, agás pola forza ou adestramento, as prohibi-cións propostas polos amos. Quen manda é o instinto. A lei da prohibición do incesto é un invento puramente humano que vai pór unha barra, unha barreira, entre cultura e natureza. Seguir lendo Natureza e cultura
Galicia e os galegos na poesía castela LXXI. Manuel del Palacio
Román Arén. Clarín, crítico literario moi temido entre 1880 e 1900, tiña por “bestas negras” na poesía española a Fernández Grilo e a Velarde, pero ademais afirmaba que en España había dous poetas e medio: Núñez de Arce, Campoamor e, o medio, Manuel del Palacio; fácil versificador e ás veces inimigo de si mesmo por esa facilidade. Presente aínda en antoloxías importantes como a de Jorge Urrutia Poesía española del siglo XIX (Madrid, Cátedra, 2008), Palacio nacera en Lleida en 1831, onde seu pai era militar, pero pasou parte da súa infancia en Galicia, na Coruña, onde estudou náutica, comercio e debuxo, ata a súa marcha a Madrid en 1846. foi deportado por política a Porto Rico pero volveu coa Gloriosa en 1868. Cultivou todos os subxéneros poéticos: narrativo, lírico, popular, pero destacou na poesía satírica. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castela LXXI. Manuel del Palacio
Domingo de Revolución, de Wendy Guerra
Xerardo AgraFoxo. Desta autora, nada en La Habana no ano 1970, lera tres novelas: Todos se van ( Premio de Novela Bruguera 2006); Nunca fui primera dama (2008); e Posar desnuda en La Habana (2010), baseada na estadía de Anaïs Nin en Cuba e a única permitida no seu país. En Domingo de Revolución conta a vida de Cleo, unha poeta que vive unha situación kafkiana dende que unha editorial catalá lle concede un premio literario (“una invención de la CIA”). Como outras persoas que non abrazan a Revolución verase vixiada e perseguida, atoparase coma unha apestada ao entrar na “categoría de desidente”. Entón decide facer un periplo por Cuba para coñecer como “estaba la cosa porque La Habana es una ficción”. Seguir lendo Domingo de Revolución, de Wendy Guerra
Cuestión de fe
Domingo Regueira. -Ai meu home! Así ímosche moi mal!… Se perdes a fe en todo, non sei que vai ser de ti! Non hai quen te salve! Non fas caso do médico…, non tomas as menciñas… E andas encima da perna. Xa me dirás! Pensas que che vai pasar coa augardente? Moi ben! Pois alá ti coa túa paranoia. Non hai peor cousa que perder a confianza nos que saben. Pareces un retrasado! Seguir lendo Cuestión de fe