Galicia e os galegos na poesía castelá LXIX. Un bohemio: Emilio Carrere

la-torre-de-los-siete-jorobados-emilio-carrereRomán Arén.  Se alguén simbolizou para moitos a bohemia e foi o seu cantor, ese é Emilio Carrere (1881-1947), poeta e dramagurgo, xornalista e narrador. Uniu o modernismo e decadentismo, formalismo e lumpen. Entre os seus poemarios destaca El caballero de la muerte (1909), Del amor, del dolor y del misterio (1915) e Los ojos de los fantasmas (1920); entre as novelas, algunhas levadas ao cine, cómpre citar La cofradía de la pirueta (1912), La tristeza del burdel (1913) e a policíaca La torre de los siete jorobados (1924). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXIX. Un bohemio: Emilio Carrere →

Jerjes Jajá

jerjesX. Ricardo Losada. Puxen o título deste texto sen saber de que falar, así que pido desculpas se me sae unha parvada. Vendo no canal de Historia un documental, mencionaron o rei persa Jerjes e, de súpeto, pensei Jerjes Jajá. Son ese tipo de cousas ás que os psicólogos lles sacan moito partido descubrindo asociacións inconscientes, pero a min non me van ese tipo de solucións. Menos aínda nese caso pois era moi evidente que asociara Jerjes con jajá porque en vez de Jerjes o meu inconsciente (xa vedes, non hai forma de escapar dos psicólogos) debeu oír Jeje. O resto é obvio. Un tipo coma min non podía deixar escapar a oportunidade de escribir un texto con ese marabilloso e risoño título. Jerjes Jajá. Seguir lendo Jerjes Jajá →

Mapas políticos e mapas físicos, ou Hai lémures em Europa?

A "mesquita máis velha da França"
A “mesquita máis velha da França”

Alberte Pagán. De cativo, na escola, sempre me surprendia o dado de que a montanha mais alta do Reino de Espanha fosse o Teide, um afastado volcám que se topava além o oceano. Tampouco nom entendia a existência da Europa como continente, pois contradizia a definiçom do termo. A medida que um ia madurando politicamente começava a entender a orige destas mentiras lingüísticas que, no fundo, eram (som) mentiras políticas. Seguir lendo Mapas políticos e mapas físicos, ou Hai lémures em Europa? →