Carta a unha estrela

estrelaXosé Manuel Lobato. Nese Alén hai pentagramas que foxen das sombras? Como é que inspiran as estrelas? Permaneces tan afastada e inalcanzable que contemplarte semella unha ilusión que fere e agrada sen outra opción. Formas parte desa elegante e supoño sofisticada inmensidade astronó-mica, nese universo incontable, escasamente coñecido, mais sei que ti formas parte desa extensa nómina de lucerna anónima, permaneces afastada definitivamente, mais amas con paixón o latexo terreal. Seguir lendo Carta a unha estrela →

Unha reflexión sobre Ética da desorde, de Ignacio Castro

aquetaciÛn 1Javier Peteiro. Moi recentemente viu a luz unha obra de Ignacio Castro Rey. O seu título, “Ética del desorden. Pánico y sentido en el curso del siglo”, chama a atención porque é difícil imaxinar a priori que é unha ética da desorde. Imos vendo a medida que lemos. O texto, no que apenas se usa o termo “ética”, suxire que esta ten unha forte relación con mostrar a desorde mesma e a súa importancia vital. Unha desorde do mundo, desorde do ser humano, que facilita a creatividade e o amor, e que é asfixiado por imposicións reguladoras do tempo de traballo e de vida, do modo de linguaxe, de todo o que abrangue á civilización. E é ao mostrar esa desorde que vemos como “la rutina, la inercia de lo familiar es indispensable para vivir, pero también es el peor enemigo de lo primero, la percepción” Seguir lendo Unha reflexión sobre Ética da desorde, de Ignacio Castro →

Melopea de esposos e amantes

pound1Fidel Vidal. Da lenda “Deus é Amor” o que menos lle importa a Deus é o amor; seica está máis interesado na súa demostración. Porque non abonda con amalo, antes hai que pasar polo aro dos sacrificios para confirmalo. E dicirllo, dicirllo constan-temente, día tras día, hora tras hora, mediante cerimonias e oracións. O suposto achegamento a través da palabra, rezo tras rezo, e da palabra feita carne. Velaquí o corpo erótico. Eros é amor. Amor corporal se pretende ser espiritual. O erotismo sagrado da experiencia mística ansía unicamente que nada perturbe o suxeito. Seguir lendo Melopea de esposos e amantes →