Agustín Agra. O exceso de proximidade e a falta de perspectiva adoitan ir ligados. Xa que logo, opinar sobre unha novela cando se mantén co autor unha relación de amizade –calidade dos afectos, diría o poeta Martín Veiga–, non resulta doado.
Escribir debe ser algo así como perseguir sombras alleas ou reconstruír ruínas. Non o sei”. Como o propio autor escribe nunha das páxinas de A ferida do vento, na que nos introduce no universo limiao dos seus quince anos: Antón reconstrúe ruínas, persegue as propias sombras, interpélase a si mesmo, dialoga con vivos e mortos, cos defuntos de seu. Seguir lendo A ferida do vento


