A ferida do vento

A ferida do vento (3)Agustín Agra. O exceso de proximidade e a falta de perspectiva adoitan ir ligados. Xa que logo, opinar sobre unha novela cando se mantén co autor unha relación de amizade –calidade dos afectos, diría o poeta Martín Veiga–, non resulta doado.

Escribir debe ser algo así como perseguir sombras alleas ou reconstruír ruínas. Non o sei”. Como o propio autor escribe nunha das páxinas de A ferida do vento, na que nos introduce no universo limiao dos seus quince anos: Antón reconstrúe ruínas, persegue as propias sombras, interpélase a si mesmo, dialoga con vivos e mortos, cos defuntos de seu. Seguir lendo A ferida do vento →

Nacido en Siria, de Hernán ZIn

nacidoensiriaXerardo AgraFoxo. Este é un excelente documental (Nominado aos Premios Goya) que ten como pano de fondo os arrepiantes estragos que está producir a guerra en Siria. Despois de máis de trescentos mil mortos e máis de catro millóns de refuxiados, despois de seis anos de dura contenda fratricida, só ocupa un lugar destacado nos nosos medios de comunicación cando se produce algún acontecemento moi determinante, como o último bombardeo que fixeron os esbirros de Bachar al-Ásaad contra a poboación civil indefensa. Un feito que sempre arrepía os dirixentes políticos occidentais. Seguir lendo Nacido en Siria, de Hernán ZIn →

O plano, para entender a cidade

Fotoplano correspondente á cidade de Santiago de Compostela
Fotoplano correspondente á cidade de Santiago de Compostela

Pedro García Vidal. A miña primeira visión dunha cidade é sempre a través do seu plano. Alí, sobre o papel, unha combinación de superficies libres e construídas ofrece a pegada impresa do proceso de apropiación humana dese lugar. O perdurable do plano é o que fai del un elemento imprescindible para comprender unha cidade. Seguir lendo O plano, para entender a cidade →