Gonzalo Trasbach. Febreiro é o mes máis curto. Pero ten días luminosos: o 2 de 1882 naceu James Joyce en Dublín. Nesa data é a Candelaria e casan os paxaros. Aínda que tamén os ten inhóspitos e ariscos coma a terra xeada: o 11 de 1963 Sylvia Plath tirou a vida nun Londres nevado. O 6 do 2017 fixo 68 anos que miña mai me pariu en San Martiño. Boiro (A Coruña). Acabo de culminar o meu traballo na viña de Lara e penso en curiosas coincidencias: o 16 de xuño do 1956, Plath contraeu matrimonio con Ted Huges. Elixiu ese día para que coincidira co que James Joyce situou a acción do seu Ulysses. Seguir lendo Joyce (I), maldito ou sedutor?
Dúas pedras
Antón Riveiro Coello. Vinte anos despois de que Casares visitase diversos centros galegos en Suíza para dar unhas conferen-cias sobre Ánxel Fole, eu fixen a mesma viaxe precisamente para falar de Carlos. Foi emocionante pasar por onde el estivo, tratar con xente que o escoitou, asinar nos mesmos libros de visitas ou ser acollido cunha xene-rosidade familiar pola mesma persoa, Quique Nogueiras, un limiao ben informado Seguir lendo Dúas pedras
Vida e obra dun narrador ourensán
Román Arén. O muradán Henrique Monteagudo, secretario da Real Academia Galega, achéganos de xeito claro e áxil á vida e obra do autor de Xoguetes para un tempo prohibido, procurando un equilibrio entre a vida e o labor literario de Carlos Casares, que divide en catro unidades: a infancia e mocidade (1941-1962), a revelación do escritor (1962-1975), os tempos de crecemento (1975-1985) e a plenitude (1986-2002). En apéndice ofrece a visión que o propio autor ourensán tiña do oficio de escribir e das súas principais obras a partir das entrevistas que lle realizaron en distintos momentos da súa vida. Engade unha bibliografía das obras de Casares e outra, selectiva, sobre o autor. Seguir lendo Vida e obra dun narrador ourensán
Eloxio da copia e do debuxo
Fidel Vidal. T. S. Eliot deixounos esta frase: “Os poetas inmaturos copian, os maduros rouban”. Isto non significa estar a favor do plaxio senón de aproveitar as vantaxes que supón practicar guiados da man dos mellores. Así é como concibo o volume Debuxar cos grandes mestres, de Jeffery Camp (Blume, 1982), ofrecido como outro método para aprender a arte do debuxo, mais resulta ser diferente do habitual nesta clase de obras. O texto vén recomendado e presentado por David Hockney: “É o libro máis completo de trazos en follas de papel que vin na miña vida”. O pintor admite que “calquera é quen de aprender a debuxar realmente ben, exactamente igual que se aprende a escribir”. Seguir lendo Eloxio da copia e do debuxo
