Xosé Manuel Lobato. Camiñar devagar, para tentar auscultar as mensaxes que transmite sen estridencias a serra da Barbanza, unha serra brava e solitaria que goza dunha panorámica sen paran-gón. Percorrer estas sendas é un exercicio físico esixente, mais o esforzo ben merece o tributo coa senlleira romana, a compensación supera calquera esgotamento. Seguir lendo Pel de cerva
Coller cereixas
X. Ricardo Losada. Onte tiven unha tarde feliz. Fun ao paseo marítimo, e atopei as que considero condicións ideais para ler. Vinte e dous graos, marea alta (óese o mar), lixeira brisa, patos acompañando as habituais gaivotas, e a sombra da árbore do meu banco preferido cubríndome tronco e cabeza pero permitindo que o sol me dea nas pernas para que poida ler descalzo. Para máis ía comezar un libro, La melancolía de las obras tardías, dun autor do que nunca lera nada, Béla Hamvas, e esa expectativa sempre me mantén alerta e ilusionado, como cando de neno me deitaba a noite previa a un día de excursión. E a excursión non puido ser máis ditosa. O libro atrapoume desde a primeira páxina. Seguir lendo Coller cereixas
Nena en movemento
María Xesús Blanco. Nena camiñando con afouteza cara a quen a retrata. Avanza segura, e sen mesura, como se non quixese ser inmortalizada nunha pose estática. Ou talvez tenta seguir as indicacións de quen está detras do aparello fotográfico. Ribeira anos 60. Instantánea feita un día de lecer. Arestora o sol do mediodía aínda alumea ergueito e xubiloso enriba da explanada. Seguir lendo Nena en movemento
O paraugas universal
Francisco Ant. Vidal Blanco. Ata lembrando a Carlos Casares acabamos falando de Donald Trump e dos problemas do cambio climático que nos traen de cabeza a todos. E iso a pesares de que nunca se coñeceron. Como é ben sabido, o señor Trump non está de acordo con que as súas chemineas deixen de botar fume. Seguir lendo O paraugas universal