Inés Otero. Este libro, subtitulado Unha paixón con consecuencias, está escrito por este autor alemán (Düsseldorf, 1958), especialista na obra de Thomas Mann, moi recoñecido por dous best sellers: As mulleres que len son perigosas (2005) e As mulleres que escriben tamén son perigosas (2007), uns libros que se traduciron a vinte idiomas e levan vendidos máis de medio millón de exemplares. Esta obra está dividida en catro partes. Na primeira, titulada COMEZA A FEBRE DA LECTURA, analiza o mundo dos libros no século XVIII, a partir de tres acontecementos: o efecto Werther, a figura de Caroline Schegel-Shelling e a revolución que supuxo para o mundo das letras Mary Wollstonecraft. Seguir lendo Mulleres e Libros, de Stefan Bollmann
Locos, de Luis Arencibia e Leopoldo María Panero
Fidel Vidal. En novembro de 1990 o pintor Luis Arencibia entra no manicomio de Leganés para debuxar os enfermos. Realizou cincuenta retratos a lapis dos que, dunha ducia deles, fixo cadanseu gravado. O resultado forma parte deste singular volume, Locos (Casset, 1992), composto polos doce debuxos e os seus correspondentes augafortes, e unha contribución especial de Leopoldo María Panero, con seis poemas, un conto e unha entrevista con Eneko Fraile (publicada con anterioridade na revista Quimera) onde, ao ter borrado da memoria o capítulo da infancia, intervén a súa nai Felicidad Blanch para nos descubrir que o seu fillo Leopoldo, con tres anos, xa recitaba poemas sen antes ter escoitado nin lido ningún. Seguir lendo Locos, de Luis Arencibia e Leopoldo María Panero
Agosto de memoria e morte
Agustín Agra. De partida debería confesar que non é a novela negra xénero que me encha o ollo. Mais tamén é certo que non deixo de achegarme a todas e cada unha das obras que Diego Ameixeiras tira do prelo, que gozo coas entregas do comisario Montalbano, e que son seareiro entusiasta do cínico Mandrake do Rubem Fonseca. Porén, coido que o meu gusto polas súas obras é froito da sabedoría literaria tanto do ourensán como do brasileiro, así como pola querenza inexplicable que teño por Sicilia, á que Andrea Camilleri radiografía con sabia precisión. Seguir lendo Agosto de memoria e morte
Unha historia de Outes
Román Arén. Xoán F. García Suárez publicou, en colaboración con Xoán Mariño Reino, unhas Efemérides de Outes, en 1998, e agora en solitario recolle a historia de Outes dende a Restauración do século XIX ata os primeiros anos da democracia. Unha boa noticia para os habitantes deste municipio, pois se tiñamos moi ben estudado o seu patrimonio artístico por Xoán Mariño, non contaban cunha obra de conxunto sobre a súa historia contemporánea, que une a investigación nos arquivos municipais e galegos á revisión hemerográfica e bibliográfica. Obra organizada en tres partes, a primeira abrangue a Restauración (1875-1931), a segunda trata da II República e a Guerra Civil, e a terceira estuda a ditadura franquista e os primeiros anos democráticos Seguir lendo Unha historia de Outes
