Pilar Sampedro. Se nolo dixesen pensariamos que era un erro, porque… que pode ter que ver esta literatura con artistas tan afastados e con duras imaxes que falan da imposibilidade da comunicación?Un libro, Avións de papel; un autor Xavier Estévez; un ilustrador Marcos Viso, que acompaña a narración con imaxes que se aproximan á banda deseñada escollendo unhas tonalidades que priorizan o verde azulado e o amarelo crema; un pintor, Hopper, que dá o seu nome ao grafiteiro que vai iluminando a cidade con agasallos para todos e todas as que a viven. Seguir lendo A literatura infantil e Edward Hopper
Cancións de nenos
X. Ricardo Losada. Poucas cousas me sorprenden máis que a memoria. Leva ducias de anos comigo e non lle collo o punto. Que criterios utiliza para recordar unhas cousas e esquecer outras é para min un misterio. Por que non recordo, por exemplo, o meu primeiro día de colexio e si a primeira vez que oín a palabra callán, unha palabra que lembro con frecuencia, a pesar de que hai anos que non a utilizo nin a escoito dicir. Teño ducias de recordos dese tipo, pero un dos que máis me sorprende, e ao que lle teño un cariño especial polas escasas expectativas de vida que a lóxica lle daba, é esta especie de copla que recitabamos na cuadrilla da miña nenez: “Silencio en la sala que llega Kubala con una chavala”. Seguir lendo Cancións de nenos
A crenza
Fidel Vidal. O coñecemento, mesmo o ser, non se facilita só a través da crenza. Para Georg Simmel, Deus sería unha palabra baleira de se poder afirmar a súa realidade, mais non amosar aquilo que é real baixo ese nome. Soamente se cre. A forma de crer só é efectiva na alma. Unha forma de crer nun Deus sen forma, é dicir, in-formal. En oposición a calquera cousa particular admisible, Deus é a “pura Nada”. Seguir lendo A crenza
Fátima
Francisco Ant. Vidal Blanco. Do milagre e aparición de Fátima, o que máis lamento é que sor Lucía pasase toda a vida enclaustrada, que sendo ela a escollida pola máis alta dignidade celestial para comunicarse coa humanidade, fixese votos de silencio por vontade propia ou consello superior, arredada da xente cando debería ser a encargada de percorrer o mundo para explicar o que viu e a mensaxe que a Virxe lle transmitiu. Seguir lendo Fátima