Fátima

fatimaFrancisco Ant. Vidal Blanco. Do milagre e aparición de Fátima, o que máis lamento é que sor Lucía pasase toda a vida enclaustrada, que sendo ela a escollida pola máis alta dignidade celestial para comunicarse coa humanidade, fixese votos de silencio por vontade propia ou consello superior, arredada da xente cando debería ser a encargada de percorrer o mundo para explicar o que viu e a mensaxe que a Virxe lle transmitiu. Debería dar roldas de prensa e visitar centros de investigación e análise onde puidese ser preguntada polos distintos aspectos da súa visión e da súa vida e costumes naqueles milagrosos días. Outra cousa sería saber por que se permitiu esta reclusión mentres a autoridade eclesiástica custodiaba como secreto de confesión as mensaxes e premonicións que a pastoriña recibiu da mesma Virxe María, e que logo redactou cunha prosa coidada e cunha linguaxe hermética. Nunca entenderemos por que a Santísima Virxe se molestou en dar unhas mensaxes para que non fosen reveladas.

Milagres e misterios a parte, arredor de Fátima hai opinións para todos os gustos, desde a asimilación propia de calquera crente, ata a seguridade de ter sido unha grande montaxe parateatral que se aproveitou para contrarrestar a expansión das correntes socialistas de principios de século. Logo, os anuncios premonitorios con mortos, guerras e demoños, xa teñen máis pinta de ser xeneralidades que calquera sen moitas luces podería adiviñar.

E hoxe, cen anos despois da sorprendente aparición de Nosa Señora subida a unha aciñeira que ninguén máis ca os cativos puideron ver e oír, son moitas as voces que analizan o acontecido, desde os que din que «está lonxe de ser unha simple fraude», ata os que afirman rotundamente por medio dun manifesto asinado por distintos persoeiros portugueses da ciencia, das letras e da teoloxía que «é un embuste, unha farsa, unha escenificación con cen anos, tempo suficiente para ter desenmascarado o que hoxe en día é un negocio» (sic), tachando ó santuario de simple parque de atraccións relixioso. Logo veñen os que se preguntan por que sempre se lle aparecen os santos ós pastoriños, ós nenos e ós coitados. E coma sempre, cada quen é libre de pensar e crer, pero un amigo que ve todo desde a óptica do razoamento que el chama lóxico, desmonta cunha simpleza asombrosa cada unha das pasaxes que se nos contan, incluído o famoso milagre do sol que unha masa de corenta mil persoas segundo uns e cen mil segundo outros, contemplaron o 13 de outubro dese ano, cando o sol se puxo a danzar no ceo, tal vez como aquel que danzou diante dos invasores romanos na Fisterra galega cento trinta anos antes de Cristo, ou como o que, sen misterio de ningunha clase, podemos contemplar calquera de nós se o miramos fixamente durante uns segundos. Talvez un simple efecto óptico que en física se chama parhelio, no que a masa suxestionada se apurou a ver máis do que se vía. Pero é que é tan bonito e cómodo crer, que non imos pór en dúbida o que contemplou tanta xente.

Como queira que sexa, nin Santiago, con tantos anos de tradición, ten tan masiva asistencia como Fátima, onde se agarda para este ano a visita de oito millóns de persoas que deixarán nos establecementos que rodean o santuario, restaurantes, hoteis, cepillos e esmoleiros, unha manchea de cartos, onde se venderá todo tipo de mercadorías incluíndo estampiñas, cera e amuletos. Un negocio que sor Lucía non debeu prever porque en ningún momento fala dos feirantes do templo.

Un comentario en “Fátima

  1. Buenos días, querido Francisco:
    Como tú, bien sabes, yo soy católica y practicante, pero debo de ser en este aspecto una rara avis, porque para ciertas prédicas soy muy escéptica. Yo he estado en Fátima y también varias veces en Lourdes y tengo que darte la razón: es un puro negocio. En Lourdes acarrean los velones en un transporte parecido a un tractor hasta una inmensa explanada, y como no caben todos los que cada día los peregrinos ofrecen, el encargado de encenderlos y transportarlos, apaga y recoge, los que había colocado cinco minutos antes, para poner los siguientes , vendiendo nuevamente los anteriores. Y así, sucesivamente. Pero… eso tiene sus ventajas. Mirándolo desde la óptica del razonamiento, como lo hace tu amigo, el provecho o utilidad, es que todo un pueblo se beneficia. Por tanto, ya que el beneficio es para creyentes y ateos… dejemos que el mundo siga rodando. Lo esencial es ser buena persona, creyente, o no creyente.
    Un bico desde a nosa terra, Francisco.
    P.D. Acabo de acordarme que estando en Lourdes nos contaron una anécdota que allí había pasado: Dicen que subía en silla de ruedas por la gran rampa que da acceso a la iglesia, un inválido. Este señor iba pidiéndole a gritos a la Virgen, que le sanase las piernas para volver a caminar. ¡¡Cúrame, Virgen Santísima !! De repente, alguien empujó sin querer la silla… y cuándo el enfermo se vio a 70 kilómetros rodando por la pendiente… La súplica fue la siguiente: ¡¡ VIRGENCITA, QUE ME QUEDE COMO ESTOY, QUE ME QUEDE COMO ESTOY !!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *