A crenza

cuadroFidel Vidal. O coñecemento, mesmo o ser, non se facilita só a través da crenza. Para Georg Simmel, Deus sería unha palabra baleira de se poder afirmar a súa realidade, mais non amosar aquilo que é real baixo ese nome. Soamente se cre. A forma de crer só é efectiva na alma. Unha forma de crer nun Deus sen forma, é dicir, in-formal. En oposición a calquera cousa particular admisible, Deus é a “pura Nada”. O converso lapidador de cristiáns Paulo de Tarso fundou a súa igrexa sobre a crenza. A crenza nun acontecemento, no acontecemento, camiño de Damasco, á marxe da historia e de toda argumentación razoada da que só el é parte (Badiou). A revelación dunha fábula: a resurrección. A relixión trata da divinización do humano, o panteísmo e a mística, pola contra –escribe Simmel en Sobre a aventura. Ensaios filosóficos-, recúsano en tanto supón a humanización do divino.

O mito do asasinato do pai é o mito dunha época para a que Deus está morto. E se está morto -di Freud- o está de sempre. A un morto de sempre é imposible matalo, a non ser despois dunha resurrección. E volta a empezar. “Nunca foi o pai senón na mitoloxía do fillo, é dicir, a do mandamento que ordena amalo, a el, o pai, e no drama da paixón que nos amosa que hai unha resurrección alén da morte” (Lacan, A ética da psicanálise). Un Deus ao axexo e agochado é un Deus celoso e paranoico.

cuadro2Mestre Eckhart: “Sae totalmente de ti por amor a Deus, e Deus sairá totalmente de si por amor de ti. E o que queda despois de ambas saídas é a unidade simple”. Cesó todo y dejéme,/ dejando mi cuidado/ entre las azucenas olvidado. “Entre las azucenas olvidado”, ou a unidade simple, di Valente. Despois de se recrear no ritmo dos versos e no que eles evocan, Torres Queiruga (Creo en Deus Pai, O Deus de Xesús como afirmación plena do home), convida achegármonos ao comentario en prosa e presentir o que se anuncia: “E así, non se entenderá o que aquí se di que sente a alma, é como ver as cousas na luz ou as criaturas en Deus, senón que naquela posesión sente ser todas as cousas en Deus”. Mi amado, las montañas: “Estas montañas é o meu Amado”.

Non existe nada sobrenatural que non estea a cabalo do natural, e máis ala, no “natural humano”, na especificidade de sentirse persoa, home ligado á palabra, sempre humana. O home que encarnou a morte de deus está aí. Sempre está aí con ese mandamento que ordena amar a Deus. Lacan: “Mediante o cristianismo, di Hegel, complétase a destrución dos deuses. O home sobrevive á morte de Deus asumible por el mesmo”.

6 comentarios en “A crenza

  1. Permíteme, Fidel, enviarle un cariñoso saludo a Javier Peteteiro, porque formáis un tándem, tan perfectamente sincronizado, que me atrevo a aplicaros el mote heráldico que utilizaban Isabel de Castilla y Fernando de Aragón. ” Tanto monta, monta tanto”
    Besiños palmeiráns.

  2. De nuevo, algo resuena profundamente al leerte, Fidel.
    Lo que tocas es hermoso, como siempre.
    A veces, demasiadas, se concibe la fe como creencia en lo sobrenatural, cuando en realidad la fe supone creer en lo más natural, en lo que vemos, lo que sentimos, lo más cercano y, por ello, paradójicamente, inefable, misterioso. La ciencia puede acercarse mejor a eso que está ahí, a algo bello, hacerlo de un modo asintótico, pero sin tocarlo nunca (“Noli me tangere”). “La rosa es sin porqué”. Aunque Feynman la explique, no la “tocará”; seguirá floreciendo porque florece. Casi al final, el capullo de una rosa era más importante para Freud que todo lo demás.
    El misterio nos rodea y constituye. Asumirlo es el gran acontecimiento, es caerse del caballo de lo cotidiano, de lo “normal”, de lo que creemos entender para darnos cuenta de que lo esencial puede ocurrir, aunque no podamos hablar de ello. Que “Dios” y “Nada” son términos tan equivalentes como pobres para referirse al Gran Misterio de ser aquí y ahora, en el río de la vida, percibiendo tal vez que tiene un sentido, que puede bastar un segundo en la historia del mundo para que el universo mismo se autorreconozca de modo singular.
    Un abrazo,
    Javier

    1. Moitas grazas polas vosas palabras. Sempre é un pracer ler comentarios tan sensibles e agudos. O “acontecemento”, o da resurrección, fóra de toda explicación razoada, semella suficiente para montar o que tal montou Paulo. Quer dicir que, en tanto o ser humano é quen de comungar con “tamañas rodas de muíño”, pois iso: calquera estupidez que se diga con vehemencia por un activista, é suficiente, previo paso polo catálogo dos “misterios”, para se constituír en dogma e, polo tanto, libre de toda discusión, nunha crenza.
      De cara á aprendizaxe dos cativos, eu prefiro as explicacións “literarias” ou “fantasiosas” (por exemplo que os bebés “veñen de París”) antes que algunhas das “científicas”, e non digamos as enunciadas polo mesmo Deus a través dos seus especiais interlocutores. Aínda que moitas destas gozan tamén de certo “infantilismo”. Reitero o meu sincero agradecemento. Unha forte e “misteriosa” aperta. Saúde.

      1. Querido Fidel,
        Ya que has citado a Torres Queiruga, me permito hacerlo yo ahora, tomando esta expresión de su libro “Repensar la resurrección”: “La resurrección, a pesar de la horrible evidencia del cadáver… afirma que esa quiebra visible no significa desaparición de la persona como tal”. Algo antes indica que se trata del acto trascendente y por ello máximamente real como acción de Dios.
        Y Jaspers aludia a la conciencia del ser en la certeza del Uno.
        San Pablo se refería a la locura que el cristianismo suponía.
        ¿En qué creen los que no creen? es el título de ese intercambio epistolar de Eco con Martini. Pero, ¿en qué creen los que creen? Siendo temporales, la “vida eterna”, atemporal, sólo puede suponer el acto supremo de la creencia; la asunción íntima de que, a pesar de los pesares, de todo lo absurdo, del mal absoluto, una acogida en la vida espera.
        “Tú eres eso” dicen los Upanishad. Y ya todo está dicho. O nada. Según se mire. Pero algo así vendría a decir que creemos en Dios en la medida en que nos reconocemos como Él mismo, que somos Él mismo.
        Con respecto a las “explicaciones”, sean para niños o adultos, creo que hemos hecho muy mal desterrando los viejos mitos (o aparcándolos en el inconsciente) y sustituyéndolos por el pobre relato cientificista, que no deja de pretenderse mesiánico.
        Un abrazo,
        Javier

  3. Buenas tardes Fidel:
    Como siempre, es un placer leerte, a pesar de tener que releer varias veces esas frases tan complejas para entenderlas medianamente bien. Para mí, es como si estuviera haciendo un ejercicio de captación para lograr asimilar el mensaje que describes. Posiblemente no lo logre en su integridad, pero, solamente con esas palabras que transcribes de Simmel: ” A forma de crer só é afectiva na alma. Unha forma de crer nun Deus sen forma, é dicir, in- formal” ya merece la pena ese prueba de concentración. Ojalá que en ese ejercicio me caiga del caballo como le ocurrió a Saulo y tu próximo artículo me sea tan accesible, como para poder contestarte lo mejor posible.
    Los versos de san Juan de la Cruz, preciosos. Yo no tengo azucenas pero sí, rosas, como no quiero dejarlas olvidadas, salgo un momento a regarlas.
    Salud Fidel, y un besiño desde Palmeira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *