Mística da tebra e do baleiro

mística1Fidel Vidal. A vida mística comeza por evacuar da conciencia a pluralidade de obxectos que hai nela permitindo así o normal movemento da atención. Para Ortega y Gasset, en san Juan de la Cruz o punto de partida para todo avance ulterior é “a casa sosegada”. Sosegada de que? Aliviada do desacougo. Non hai arroubo místico sen previo baleiro da mente. Por isto mandaba Deus -di frei Juan-, que o altar onde se farían os sacrificios estivese “de dentro baleiro”, “para que entenda a alma canto libre a quere Deus de todas as cousas”. Ou con palabras máis fermosas: “Yo no guardo ganado”, isto é, non me entretén ningunha preocupación. Seguir lendo Mística da tebra e do baleiro →

Amores que matan

amores que matanAntón Riveiro Coello. O exceso de cariño pode matar. Hai un par de anos, a edición do Barbanza deste periódico facía unha enquisa dixital para ver a quen da comarca se lle podía dedicar o seguinte Día das Letras Galegas. Para a miña sorpresa, e susto, aparecín alí, canda Faustino Rey Romero, Pepe Agrelo e outros escritores mortos. A incredulidade non tardou en mudar en comprensión e gratitude cara a quen, ignorando o sistema de escolla do homenaxeado, me incluía na terna de candidatos. Seguir lendo Amores que matan →

Retratos reais

retratFrancisco Ant. Vidal Blanco. Un retrato é algo máis ca calcar unha imaxe. A expresión do retratado, o entorno, a relación entre as personaxes dentro dun grupo, fala máis deles ca se lle saen as engurras da idade ou as olleiras dunha noite de esmorga. E se o retrato é para testemuñar un feito histórico, non se pode limitar a ser unha instantánea sen máis, necesita desas outras formas e xestos que o engalanan. Seguir lendo Retratos reais →

A Corunha (Austrália)

Sally Morgan My Place
Sally Morgan My Place

Alberte Pagán. My Place (1987) é umha novela autobiográfica da australiana Sally Morgan que co passo do tempo se tornou clássica, até o ponto de ser de leitura obrigatória em muitas escolas. É a história dumha rapariga que a medida que medra decata-se de que hai algo “diferente” nela. As companheiras na escola perguntam-lhe de onde é (“Es índia?”), ao que ela nom sabe que respostar. Quando traslada a pergunta à sua nai, esta responde: “Di-lhes que si, que somos da Índia”. Irmá, nai e avoa confabulam-se para ocultarem a sua ascendência aborige: “Podes ser índia, holandesa, italiana, o que che pete, qualquer cousa agás aborige”, sentencia a sua irmá. Seguir lendo A Corunha (Austrália) →