Carta de amor a un robot

robot1X. Ricardo Losada. David Levy, un dos grandes expertos en intelixencia artificial, escribiu hai uns anos un libro titulado Amor e sexo con robots no que vaticinaba que no 2050 as relacións sexuais e afectivas dos seres humanos con androides serán habituais, e que mesmo solucionarán os problemas das persoas sen parella. Pois ben. Así como Steve Jobs, cofundador de Apple, dixo que o móbil intelixente era “o móbil traído do futuro ao presente”, os empresarios que, inspirados nunha experiencia xaponesa, montaron o primeiro prostíbulo de monecas de Europa en Barcelona Seguir lendo Carta de amor a un robot →

Galicia e os galegos na poesía castelá. LVIII. Antonio Colinas

antonio-colinasRomán Arén. Un dos Novísimos que hoxe é xa un poeta consolidado preto da vellez. Antonio Colinas naceu en La Bañeza (León) en 1946 e en 1969 publicou Poemas de la tierra y de la sangre, pasando a se converter nun dos poetas importantes do chamado “culturalismo” con libros como Preludio a una noche total (1969), Truenos y flautas en un templo (1972), Sepulcro en Tarquinia (1975) ou Astrolabio (1979). Bo coñecedor da poesía italiana, neste eido é autor dun Leopardi (1973) e de Poetas italianos contemporáneos (1978). No seu poemario Supulcro en Tarquinia figura “No se aloja en los mesones sino bao el cielo estrellado”, que se non cita Compostela, é malia iso un poema xacobeo, aínda que non de xeito claro, pois podería pensarse nos palmeiros que ían a Xerusalén, se non fose a Vía Láctea e os “carvallos” Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. LVIII. Antonio Colinas →

O derradeiro día dun condenado, de Victor Hugo

derradeiroFidel Vidal. Seguida do relato Claude Gueux, O derradeiro día dun condenado de Victor Hugo (Laiovento, 2017), con tradución, introdución e notas de Henrique Harguindey, é un exercicio extraordinario de introspección escrito por un reo que agarda a hora da execución, e unha alegación a prol da abolición da pena capital. Desta narración Dostoievski dixo: “É a máis real e a máis ateigada de verdade de todas cantas obras el escribiu”. Aos catorce anos Victor Hugo escribiu nun caderno que quería ser Chateaubriand ou nada, e alcanzou ser nada menos que Victor Hugo (1802-1885). Harguindey comenta na Introdución a enorme influencia que o autor “exerceu en defensa dos dereitos humanos, da paz, da igualdade, en contra da miseria”. Seguir lendo O derradeiro día dun condenado, de Victor Hugo →

A época do Antropoceno

lires
Depósitos antropocénicos nunha praia urbana da contorna barbancesa

Jose Lires. Existen vocábulos de fonética atropelada que emanan do mundo científico e son rapidamente incorporados á cultura popular. Isto parece suceder co Antropoceno. Máis aló do debate académico sobre a conveniencia, ou non, de definir formalmente unha nova época na historia xeolóxica, o que resulta irrefutable é a fonda pegada do Homo sapiens no planeta. Seguir lendo A época do Antropoceno →