De plaxios e citas

plaxioAntón Riveiro Coello. Quen non fala pola boca dos demais? Semprún dicía que as citas son as muletas dun pensamento coxo e inseguro, coma o meu, ou coma o dese político local que abría os seus discursos coa frase: “Churchill e mais eu pensamos…”, un xeito inocente de validar unha prédica da que o escritor e estadista británico non era responsable. Seguir lendo De plaxios e citas →

Cunchas sen desperdicio

cunchasFrancisco Ant. Vidal Blanco. Entre as moitas aplicacións das cunchas de vieira, están a de servir tanto para palmatoria coma para cunca. Lembrade aquel refrán recollido por Zamora Mosquera: «Os de Palmeira e Santa Uxía de Ribeira, beben o viño pola cunca da aviñeira». Pero sen dúbida, quen máis beneficio lle sacou foi a Santa Sé compostelá, que despois de aproveitarlle o de dentro para manxar dos seus señores, era usado o envoltorio como certificado de peregrinación. Seguir lendo Cunchas sen desperdicio →

El intérprete del dolor, Jhumpa Lahiri

Interprete del dolor_135X220Xerardo AgraFoxo. Malia que naceu en Londres, pasou a mocidade en Rhode Island e, na actualidade, vive en Roma, Jhumpa Lahiri é unha escritora que sempre reflicte nas súas obras a orixe bengalí dos seus pais.  No ano 2000, cando só tiña 32 anos, gañou o Premio Pulitzer pola novela  El Intérprete del dolor. Así comezaba hai uns meses neste café unha recensión sobre La Hondonada, a última obra desta escritora que tamén publicara El Buen nombre (2006) e Tierra desacostumbrada (2008).

El intérprete del dolor, reeditado agora por Salamandra (2016), está formado por nove relatos escritos con elegancia e sinxeleza sobre os conflitos persoais duns seres cativados polos conflitos que arrastran.  Seguir lendo El intérprete del dolor, Jhumpa Lahiri →

“Alas”, de Belén Rodríguez

alas
«Familia», metáfora das andoriñas, é fermosísima FOTo M. CREO

Antonio Piñeiro. Recordo, dalgunha biografía ou dalgún monográfico do período impresionista, aquela estampa do artista montando, tensando e imprimando os seus propios lenzos, envorcando o pigmento no morteiro para moelo, mesturando aceites de noz, de liñaza e o po coa espátula, meticulosa, paciente-mente, no transcurso das tardes e da luz fuxidía que andaba a procurar. Algún deles deixounos a lección de que todo pode ser aproveitable para o cadro, o mesmo que todas esas facetas son elos da creación. Seguir lendo “Alas”, de Belén Rodríguez →